Experiencia
Demostremos compaixón a tódalas persoas
Un día, unha irmá de Nova Zelandia viu un vídeo que falaba de que Xehová non só sente compaixón senón que tamén a demostra (Is. 63:7-9). Ela decidiu poñer en práctica o que aprendera buscando maneiras de axudar a alguén. Ese mesmo día máis tarde, cando foi ó supermercado, encontrouse cunha muller sen fogar e ofreceuse a comprarlle algo de comer. A muller aceptou. Cando a nosa irmá volveu coa comida, aproveitou para predicarlle brevemente usando a folliña Acabará algún día o sufrimento?
A muller púxose a chorar e explicoulle que se criara como testemuña de Xehová pero que deixara a verdade había moitos anos. Tamén lle contou que estivera orándolle a Xehová recentemente para que lle axudase a volver. A irmá deulle unha Biblia e fixeron preparativos para que empezase a estudar. a
Igual ca Xehová, nós tamén podemos demostrar compaixón polas persoas, incluídos os nosos familiares e os irmáns da congregación. Unha maneira de facelo e buscando oportunidades para falarlles de Xehová.
a Se queres saber máis sobre como axudarlles ós inactivos, mira o artigo “Vuelvan a mí” da revista La Atalaya de xuño de 2020 (dispoñible en español).