Ir ó contido

Ir ó índice

Recórdalo?

Recórdalo?

Liches con atención os números da revista A Atalaia deste ano? Intenta responder as seguintes preguntas:

Que significa renovar a mente? (Rom. 12:2).

Non chega con facer cousas boas. Tamén temos que analizar que tipo de persoas somos por dentro e facer calquera cambio que sexa necesario para seguir as normas de Xehová da mellor forma posible (w23.01, páxinas 8 e 9).

Como podemos ser equilibrados ó ver os sucesos mundiais?

Os cristiáns temos boas razóns para estar pendentes de como se relacionan os sucesos mundiais actuais co cumprimento das profecías da Biblia. Pero en vez de especular, o cal podería romper a unidade da congregación, facemos ben en basear as nosas conversacións na información publicada pola organización de Xehová (1 Cor. 1:10) (w23.02, páxina 16).

En que se diferencia o bautismo de Xesús do dos seus seguidores?

Como Xesús naceu nunha nación que xa estaba dedicada a Deus, non necesitou dedicarse a Xehová. Como era perfecto e nunca pecara, tampouco necesitou arrepentirse dos seus pecados (w23.03, páxina 5).

Que podemos facer para axudar ós demais a comentar nas reunións?

Por un lado, fagamos comentarios breves para que outros tamén poidan participar. Ademais, non debemos mencionar demasiadas ideas, senón os demais non terán nada que dicir (w23.04, páxina 23).

Que é o “Camiño da Santidade” do que fala Isaías 35:8 (TNM)?

Primeiramente, este camiño simbólico foi a ruta que os xudeus exiliados en Babilonia tiveron que facer para regresar á súa terra. E que é en tempos modernos? Varios séculos antes de 1919 empezouse a preparar este camiño ó, por exemplo, traducir e imprimir copias da Biblia. Os servos de Xehová estivemos viaxando polo “Camiño da Santidade” para chegar a un paraíso espiritual e, finalmente, levaranos a desfrutar das bendicións do Reino de Deus (w23.05, páxinas 15 a 19).

En que dúas mulleres simbólicas se basean os consellos que aparecen en Proverbios 9?

Por un lado, Proverbios fala dunha muller insensata. Aceptar a súa invitación leva á morte. Por outro, fala dunha muller sabia. Os que acepten a súa invitación irán pola “vía da intelixencia” e conseguiran a vida (Prov. 9:1, 6, 13, 18) (w23.06, páxinas 22 a 24).

Como demostrou Xehová que é humilde e razoable cando tratou con Lot?

Xehová díxolle a Lot que fuxise de Sodoma ás montañas. Pero cando Lot lle pediu que lle permitise refuxiarse en Soar, Deus concedeulle a súa petición (w23.07, páxina 21).

Que pode facer unha muller se o seu marido ve pornografía?

Ten que recordar que non é culpa dela. Tamén debería concentrarse na súa relación con Xehová e meditar en relatos bíblicos de mulleres que pasaron por situacións difíciles e que encontraron consolo ó achegarse a el. Ademais pode axudarlle ó seu marido a evitar situacións que poderían levalo a caer na tentación (w23.08, páxinas 14 a 17).

Como nos pode axudar a perspicacia a ser mansos cando alguén cuestiona as nosas crenzas?

Podemos ver o seu comentario como unha oportunidade para saber o que realmente pensa ou lle preocupa. Así estaremos mellor preparados para responderlle de maneira amable (w23.09, páxina 17).

Que nos ensina a forma na que María conseguiu forzas?

Cando soubo que sería a nai do Mesías deixou que outros lle axudasen. Gabriel e Isabel usaron as Escrituras para darlle ánimo. Nós tamén podemos recibir as forzas que necesitamos por medio dos nosos irmáns cristiáns (w23.10, páxina 15).

Como pode contestar Xehová as nosas oracións?

Xehová promete que escoita as nosas oracións e que ten en conta se están de acordo co seu propósito (Xer. 29:12). Pode responder a mesma petición de formas diferentes, pero sempre nos vai axudar (w23.11, páxinas 21 e 22).

Se Romanos 5:2 xa menciona a “esperanza” por que se volve falar dela no versículo 4?

Ó aprender a verdade, unha persoa pode chegar a ter a esperanza de vivir nun paraíso na Terra. Pero, a medida que vai aguantando as dificultades e sente a aprobación de Deus, é máis probable que a súa esperanza se faga aínda máis forte e real (w23.12, páxinas 12 e 13).