Vexamos o alcohol como o ve Xehová
NON hai dúbida de que valoramos moito tódolos regalos que Xehová nos fixo, incluída a liberdade que nos deu para decidir como desfrutar deles. É interesante que a Biblia di que o viño é un regalo de Deus. Nela lemos: “Para folgar fanse os banquetes, e o viño aleda a vida” (Ecl. 10:19; Sal. 104:15). Con todo, seguramente viches que algunhas persoas teñen problemas co alcohol. Ademais, tamén hai opinións e normas moi diferentes dependendo do lugar e da cultura. Cal debería ser o punto de vista dos cristiáns?
Sen importar onde vivamos ou a educación que recibísemos, se permitimos que o punto de vista de Deus inflúa na nosa forma de pensar e nas decisións que tomamos, teremos moitos beneficios e seremos máis felices.
Quizais te deches conta de que moitas persoas beben grandes cantidades de alcohol e con frecuencia. Poida que algúns o fagan porque senten que os relaxa. Outros beben para deixar de pensar nos seus problemas. E nalgúns lugares, beber moito alcohol vese como algo elegante e relacionase con ser unha persoa forte.
Pero os cristiáns coñecemos os sabios consellos do noso Creador. Por exemplo, el advertiunos das tristes consecuencias de beber de máis. Seguramente lemos algunha vez en Proverbios 23:29-35 a descrición tan gráfica que se fai dunha persoa bébeda e dalgunhas das consecuencias que sofre por abusar do alcohol. a Daniel, un ancián de Europa, recorda como era a súa vida antes de facerse cristián: “Beber de máis levoume a tomar malas decisións e a pasar por experiencias moi dolorosas que me deixaron feridas emocionais”.
Como podemos os cristiáns tomar decisións sabias e evitar os problemas que causa o abuso do alcohol? A clave está en deixar que Xehová guíe a nosa forma de pensar e actuar.
Vexamos o que di a Biblia sobre o alcohol e as razóns polas que algunhas persoas o beben.
O QUE DI A BIBLIA SOBRE O ALCOHOL
A Palabra de Deus non condena o consumo moderado de bebidas alcohólicas. De feito, a Biblia recoñece que beber viño pode ser moi agradable cando di: “¡Vai xantar no teu pan con ledicia! ¡Bebe contento do teu viño!” (Ecl. 9:7). Tanto Xesús coma outros servos fieis de Xehová beberon viño nalgunhas ocasións (Mat. 26:27-29; Luc. 7:34; 1 Tim. 5:23).
A Biblia diferencia entre beber algo de alcohol e emborracharse. Nela dise claramente: “Non vos emborrachedes con viño” (Ef. 5:18). E tamén afirma: “Nin os borrachos [...] herdarán o Reino de Deus” (1 Cor. 6:10). Como vemos, Xehová condena totalmente beber de máis e emborracharse. Así que, en vez de tomar decisións sobre o consumo de alcohol baseándonos simplemente na nosa cultura e no que outros din que está ben, os cristiáns queremos facer o que lle agrada a Deus.
Algúns pensan que poden beber moito alcohol sen chegar a estar borrachos. Pero, isto é moi perigoso. As Escrituras deixan claro que as persoas que son “moi amigas do viño” poden cometer erros graves e danar a súa amizade con Xehová (Tito 2:3; Prov. 20:1). Xesús incluso advertiu que “beber en exceso” pode impedir que alguén entre no novo mundo de Deus (Luc. 21:34-36, TNM). Entón, que pode axudar a un cristián a evitar os perigos relacionados con beber alcohol?
ANALIZA OS TEUS MOTIVOS E HÁBITOS
Cando tomamos decisións sobre o consumo de alcohol, é perigoso que só teñamos en conta o que fai a maioría da xente ou o que é común na nosa cultura. Os cristiáns sabios obedecen a Xehová no que ten que ver coa comida e a bebida. A Biblia recórdanos: “Tanto que comades, como que bebades, coma calquera cousa que fagades, facédeo todo para gloria de Deus” (1 Cor. 10:31). Vexamos preguntas e principios bíblicos nos que deberiamos pensar:
“Bebo alcohol para non ser diferente ós demais?”. Éxodo 23:2 di o seguinte: “Non te deixes ir coa maioría”. Con estas palabras, Xehová díxolles ós israelitas que non imitasen as persoas que facían cousas que a el non lle gustan. Esta advertencia segue sendo útil para os cristiáns hoxe en día. Se deixamos que os demais inflúan na nosa maneira de pensar e nas decisións que tomamos con respecto ó alcohol, poderiamos acabar distanciándonos de Xehová e das súas normas (Rom. 12:2).
“Bebo alcohol para demostrar o forte que son?”. Nalgunhas culturas é común, e incluso está ben visto, beber alcohol con frecuencia e moita cantidade (1 Ped. 4:3). Pero fíxate no que se nos anima a facer en 1 Corintios 16:13: “Vixiade, afincádevos na fe, sede homes, sede rexos”. Pode realmente o alcohol axudarnos a ser persoas rexas, ou fortes? Todo o contrario. É moi fácil que o alcohol nubre o noso xuízo e nos impida tomar boas decisións. Así que, beber moito alcohol non fai que sexas máis forte, máis ben demostra que es débil. Isaías 28:7 di que o que bebe de máis cambalea e acaba tropezando.
A verdadeira forza vén de Xehová e implica estar vixiantes e firmes na fe (Sal. 18:33 [18:32, TNM]). Un cristián sincero pode conseguir isto manténdose alerta e actuando con decisión para protexerse de calquera cousa que poida danar a súa relación con Xehová. Xesús demostrou esa fortaleza cando estivo na Terra. De feito, moitos respectábano e considerábano un home valente e forte.
“Bebo alcohol para evadirme dos meus problemas?”. Un salmista escribiu baixo inspiración: “Cando medran as coitas no meu peito, o teu consolo [Xehová] alégrame o espírito” (Sal. ). Cando esteas preocupado por algún problema, busca a axuda de Xehová, non a do alcohol. Unha maneira de facelo é orándolle máis a miúdo. A algúns tamén lles axudou moito pedirlle consello a un irmán maduro da congregación. O certo é que refuxiarte no alcohol para enfrontarte ós problemas pode facer que baixes a garda e que esteas menos decidido a obedecer a Xehová ( 94:19Os. 4:11). Daniel, do que xa falamos antes, admitiu: “Loitaba contra a ansiedade e os sentimentos de culpa. Bebía para soportar a situación, pero cada vez tiña máis problemas. Acabei perdendo amizades e incluso o respecto por min mesmo”. Que lle axudou a Daniel? El recoñece: “Deime conta de que a quen necesitaba ter ó meu lado era a Xehová, non ó alcohol. Coa axuda de Deus puiden loitar contra os meus problemas e superalos”. A realidade é que el sempre está ó noso lado para socorrernos, incluso cando nos parece que a situación non ten saída (Filip. 4:6, 7; 1 Ped. 5:7).
Se bebes alcohol ás veces, por que non te fas as seguintes preguntas para saber se necesitas facer algún axuste nos teus hábitos: “Díxome algún amigo ou familiar que lle preocupa o meu consumo de alcohol?”. Isto podería indicar que estás creando un hábito do que quizais non sexas consciente. “Bebo máis ca antes?”. Isto pode ser o primeiro paso para chegar a ser adicto. “Cústame non beber alcohol durante uns días ou máis?”. Se este é o teu caso pode que xa teñas un hábito moi arraigado ou incluso unha adicción. Quizais necesites axuda profesional para superar este problema.
Ó ser conscientes de tódolos problemas que pode provocar beber alcohol, algúns cristiáns deciden evitalo por completo. Outros simplemente non beben porque non lles gusta o sabor. Se alguén que coñeces toma esta decisión, podes ser considerado con el se o respectas e non o criticas.
Quizais decidas poñer límites na cantidade de alcohol que bebes. Tamén pode ser que determines con que frecuencia o vas facer, por exemplo
unha vez á semana ou con moderación durante as comidas. Outros incluso deciden tomar só certo tipo de bebidas. Por exemplo, quizais beban viño ou cervexa con moderación pero non queiran tomar cócteles ou outro tipo de bebidas que teñen moito alcohol. Cando unha persoa establece límites claros con respecto a beber alcohol, resúltalle máis fácil non pasalos por alto. Se un cristián maduro toma este tipo de decisións e as cumpre, non ten porqué sentir vergonza.Outro aspecto a ter en conta é o que pensan os demais. Romanos 14:21 di: “É mellor non comer carne nin beber viño nin nada, se iso fai tropezar a teu irmán”. Como podes poñer en práctica este consello? Mostrándolles amor ós demais. Por exemplo, se pensas que beber alcohol pode ofender alguén, o amor motivarate a non tomalo nesa ocasión. Se pos os sentimentos dos demais por encima dos teus, estaraslles demostrando que te interesas por eles e os respectas (1 Cor. 10:24).
Ademais, é posible que o goberno poña leis sobre o consumo de alcohol. Por suposto, os cristiáns debemos obedecelas. Algunhas poden estar relacionadas coa idade mínima para beber alcohol e outras quizais prohiban conducir ou usar outro tipo de maquinaria despois de bebelo (Rom. 13:1-5).
Que Xehová nos dese liberdade para desfrutar dos seus regalos, dános moita dignidade. Isto implica que podemos decidir o que imos comer ou beber. Podemos demostrar que valoramos moito esta liberdade usándoa para facer feliz o noso Pai celestial.
a Segundo un informe dos Centros para o Control e a Prevención de Enfermidades dos Estados Unidos, o consumo excesivo de alcohol, aínda que só sexa nunha ocasión, pode provocar homicidios, suicidios, agresións sexuais, violencia doméstica, comportamentos sexuais arriscados e incluso o aborto espontáneo.