Ir ó contido

Ir ó índice

PROXECTO DE ESTUDO

As persoas fieis cumpren as súas promesas

As persoas fieis cumpren as súas promesas

Le Xuíces 11:30-40 para aprender do relato de Iefté e a súa filla sobre cumprir o que prometemos.

Analiza o contexto. Como vían os israelitas fieis os votos que lle facían a Xehová? (Núm. 30:3 [30:2, TNM]) Como demostraron Iefté e a súa filla que tiñan fe en Xehová? (Xuí. 11:9-11, 19-24, 36).

Afonda máis. Que lle prometeu Iefté a Xehová, e que quixo dicir con iso? (w16.04-S páx. 7 par. 12) Que sacrificios fixeron Iefté e a súa filla para cumprir co seu voto? (w16.04-S páxs. 7-8 pars. 14-16) Que tipo de votos podería facer un cristián na actualidade? (w17.04-S páxs. 5-8 pars. 10-19).

Identifica as leccións. Pregúntate:

  • “Que me pode axudar a cumprir co meu voto de dedicación?” (w20.03 páx. 13 par. 20).

  • “Que sacrificios podo facer para servir máis a Xehová?”

  • “Que me pode axudar a manter a promesa que lle fixen ó meu cónxuxe de serlle sempre leal?” (Mat. 19:5, 6; Ef. 5:28-33).