Ir ó contido

Ir ó índice

Recórdalo?

Recórdalo?

Liches con atención os números da revista A Atalaia deste ano? Intenta responder as seguintes preguntas:

Que exemplo nos deixou Xehová á hora de tratar as mulleres?

El trátaas con imparcialidade, sen favorecer os homes sobre as mulleres. Deus escóitaas, preocúpase polo que senten e polos problemas ós que se enfrontan. Ademais, confía nelas para levar a cabo o seu labor (w24.01, páxinas 15 e 16).

Como podemos aplicar Efesios 5:7, que di: “Non vos fagades cómplices delas”?

O apóstolo Paulo estaba advertíndonos de non xuntarnos con xente que nos faga máis difícil seguir as normas de Xehová. Xuntarse con alguén non só implica quedar en persoa, senón tamén relacionarse mediante as redes sociais (w24.03, páxinas 22 e 23).

Ante que tipo de historias falsas temos que protexernos?

Temos que ter coidado coas historias que nos contan irmáns ben intencionados sen comprobar se son certas, cos correos electrónicos non desexados de persoas que non coñecemos e cos apóstatas que finxen estar interesados na Biblia (w24.04, páxina 12).

Que sabemos e que non sabemos sobre como xulgará Xehová o rei Salomón, as persoas que morreron en Sodoma e Gomorra e as que morreron no Diluvio?

Non sabemos se Xehová sentenciou estas persoas á destrución eterna. Pero si sabemos que el coñece tódolos feitos e que é moi misericordioso (w24.05, páxinas 3 e 4).

Que confianza nos dá que Xehová sexa “o Penedo”? (Deut. 34:4)

Que podemos buscar refuxio nel. Que é confiable, así que sempre cumprirá as súas promesas. E que ademais é estable, a súa personalidade e o seu propósito nunca cambian (w24.06, páxinas 26 a 28).

Que che pode axudar a adaptarte a unha nova congregación?

Confía en Xehová, que che axudará igual que lles axudou ós seus servos no pasado. Evita facer comparacións coa túa antiga congregación. Involúcrate na nova congregación e esfórzate por facer novos amigos (w24.07, páxinas 26 a 28).

Que leccións aprendemos das tres comparacións que encontramos en Mateo capítulo 25?

A comparación das ovellas e as cabras remarca a importancia de ser fieis e leais. A comparación das virxes prudentes e as insensatas trata sobre estar preparados e alerta. A comparación dos talentos destaca a importancia de ser traballadores e dilixentes (w24.09, páxinas 20 a 24).

Que altura tiña o pórtico do templo de Salomón?

En 2 Crónicas 3:4, algúns manuscritos antigos poñen que tiña 120 cóbados dicindo, polo tanto, que o pórtico tiña unha altura de 53 metros. Pero outras fontes fiables poñen 20 cóbados, uns 9 metros de altura. Este último dato parece encaixar co grosor das paredes do templo (w24.10, páxina 31).

Que significa que os servos ministeriais sexan “maridos dunha soa muller”? (1 Tim. 3:12, TNM)

Significa que está casado cunha soa muller e que nunca debe cometer inmoralidade sexual. É máis, nunca debería prestarlles atención impropia a outras mulleres (w24.11, páxina 19).

Por que podemos dicir que Xoán 6:53 non establece un modelo para a Cea do Señor?

Xoán 6:53 fala da necesidade de comer a carne de Xesús e beber o seu sangue. El díxolles estas palabras a xudeus que aínda necesitaban poñer fe nel en Galilea no ano 32 n. e. Pero a Cea do Señor instituíuse un ano máis tarde en Xerusalén. Nesa ocasión Xesús estáballes falando ós que reinarían con el no ceo (w24.12, páxinas 10, 11).