Ir ó contido

Ir ó índice

Coñece mellor jw.org

Coñece mellor jw.org

Como atopar os artigos recomendados

Moitos dos nosos irmáns din que cando predican usan os artigos recomendados na páxina de inicio de jw.org. Estes artigos son fáciles de enviar a outras persoas de maneira electrónica, e moitas veces explican como os sucesos actuais cumpren as profecías da Biblia. Como escribiu un irmán, os artigos da páxina de inicio son “xusto o que necesitamos para predicar tal e como facemos agora”.

Pero os artigos recomendados cambian cada pouco tempo. Así que, como podes atopar os que xa non aparecen na páxina de inicio?

  • Na parte de arriba da páxina de inicio de jw.org, fai clic en “Ver máis”. Isto levarate á páxina “Últimos artigos recomendados na páxina de inicio”. Alí poderás atopar outros artigos recomendados recentemente.

  • En jw.org ou en JW Library®, vai a “Biblioteca”, despois entra en “Series de artigos” e, por último, selecciona “Outros temas”. Esta sección inclúe moitos dos artigos que apareceron na páxina de inicio.