Rexeita a actitude egoísta que ten a xente hoxe en día
DÉCHESTE conta de que hoxe en día moitas persoas cren que se lles debe tratar de maneira especial e que teñen dereito a recibir certos privilexios? Sen importar canto reciban, cren que merecen máis. A xente que pensa desta maneira é egoísta e non agradece o que ten. Así é xusto como di a Biblia que serían as persoas nos últimos días (2 Tim. 3:2).
Por suposto, o egoísmo non é nada novo. Adán e Eva xa quixeron decidir por eles mesmos o que estaba ben e o que estaba mal, e as consecuencias foron desastrosas. Séculos máis tarde, o rei Ozías de Xudá pensou que tiña o dereito de ofrecer incenso no templo, pero estaba moi equivocado (2 Crón. 26:18, 19). De maneira parecida, os fariseos e os saduceos crían que merecían que Deus os tratase de forma especial simplemente por ser descendentes de Abrahán (Mat. 3:9).
Como vivimos rodeados de persoas que son egoístas e egocéntricas, a súa actitude podería pegársenos (Gál. 5:26). Quizais empecemos a pensar que merecemos recibir certo privilexio ou ser tratados de maneira especial. Como podemos evitalo? Para comezar, deberiamos entender o que pensa Xehová sobre este asunto. Hai dous principios bíblicos que nos axudarán.
É Xehová quen decide o que merecemos. Vexamos algúns exemplos.
-
Ef. 5:33). Deus di que alguén casado ten dereito a esperar que o seu cónxuxe só lle mostre amor romántico a el, e non a ninguén máis (1 Cor. 7:3). Ademais, os pais teñen dereito a esperar que os seus fillos os obedezan. E os nenos deberían recibir amor e apoio dos seus pais (2 Cor. 12:14; Ef. 6:2).
Na familia, Xehová quere que o marido se sinta respectado pola súa muller e que a muller se sinta querida polo seu marido ( -
Xehová di que os anciáns da congregación merecen que lles mostremos respecto por todo o traballo que realizan (1 Tes. 5:12). Pero, ó mesmo tempo, eles non teñen autoridade para controlar o que fan os irmáns (1 Ped. 5:2, 3).
-
Deus deulles ós gobernos humanos o dereito de cobrar impostos e de recibir honra das persoas ás que gobernan (Rom. 13:1, 6, 7).
Xehová dános con cariño moito máis do que merecemos. Como herdamos o pecado, merecemos morrer (Rom. 6:23). Pero Xehová dános moitas bendicións debido ó amor leal que nos ten (Sal. 103:10, 11). Cada bendición ou privilexio que recibimos del é grazas á súa bondade inmerecida (Rom. 12:6-8; Ef. 2:8).
COMO EVITAR UNHA ACTITUDE EGOÍSTA E EGOCÉNTRICA
Ten coidado coa actitude do mundo. Sen darnos conta, podemos empezar a pensar que merecemos máis que os outros. Xesús mostrou o fácil que é que nos pase iso usando a comparación dos traballadores que recibiron un denario. Algúns deles empezaran cedo pola mañá e traballaran todo o día baixo o forte sol, mentres que outros traballaran só unha hora. Cando acabaron, os primeiros deron por feito que merecían que lles pagasen máis por todo o traballo que fixeran (Mat. 20:1-16). Con esta comparación, Xesús demostrou que os seus seguidores deberían estar satisfeitos co que a Deus lle parece ben darlles.
Sé agradecido e non esixente (1 Tes. 5:18). Imita o apóstolo Paulo, quen non lles pediu axuda material ós irmáns de Corinto aínda que tiña dereito a facelo (1 Cor. ). Non deberiamos esixirlles cousas ós demais, senón agradecer todo o que nos dean. 9:11-14
Cultiva humildade. Cando alguén pensa demasiado en si mesmo, normalmente empeza a sentir que merece recibir máis do que ten. A humildade é o antídoto para esta maneira de pensar tan tóxica.
O profeta Daniel é un bo exemplo de mostrar humildade. Os seus antecedentes familiares, boa aparencia, intelixencia e habilidades puideron facerlle sentir que merecía o trato especial e os privilexios que lle deran (Dan. 1:3, 4, 19, 20). Pero Daniel seguiu sendo humilde, e esta cualidade fíxoo moi valioso ós ollos de Xehová (Dan. 2:30; 10:11, 12).
Rexeitemos a actitude egoísta e egocéntrica que reina no mundo hoxe en día. Máis ben, sigamos sentindo alegría por cada bendición que Xehová nos dá grazas á súa bondade inmerecida.