Idea para estudar
Como usar ben a sección “Novidades”
Na sección “Novidades”, que podes atopar en JW Library® e en jw.org, aparecen os últimos artigos e vídeos que se publicaron. Como podes usar esta sección para estar ó día?
JW Library
Os artigos individuais aparecen cando se actualiza a serie de artigos da que forman parte. Así que, cando aparece unha serie de artigos na sección “Novidades”, podes descargar a última versión desta serie para ler o novo artigo. Como están ordenados por data, aparecerá arriba de todo.
Pode que non leas dunha vez as publicacións máis longas, como as revistas. Se queres gardar unha para seguila lendo despois, engádea á lista de favoritos. Cando termines de lela, podes borrala desa lista.
JW.ORG
Algúns contidos, como os novos comunicados ou algúns anuncios, só aparecen na páxina web, non en JW Library. Recorda botarlle unha ollada de vez en cando á páxina “Novidades” para ver os últimos artigos.