Ir ó contido

Ir ó índice

Idea para estudar

Idea para estudar

Aprende de memoria as “cancións espirituais”

“Cando loito contra a miña baixa autoestima, Xehová fortaléceme por medio das cancións de JW Broadcasting®” (Lorraine, Os Estados Unidos).

As “cancións espirituais” sempre formaron parte da adoración cristiá (Col. 3:16). Aprender estas cancións de memoria poderache ser de moita axuda cando non teñas á man un cancioneiro ou un dispositivo electrónico. Proba o seguinte para memorizalas:

  • Le con atención a letra para entender o significado. Se a letra ten sentido para ti, serache moito máis fácil recordala. As letras de tódalas cancións, incluídas as cancións orixinais e as cancións para os nenos, están dispoñibles en jw.org. Na pestana “Biblioteca” vai á categoría “Música e cancións”.

  • Escribe á man a letra. Facelo gravará as palabras máis profundamente na túa memoria (Dt. 17:18).

  • Practica en voz alta. Le ou canta a canción moitas veces.

  • Pon a proba a túa memoria. Intenta recordar a letra sen mirar o papel e despois comproba se o fixeches ben.