Ir ó contido

Ir ó índice

Que che pode axudar a estudar cada semana

Que che pode axudar a estudar cada semana

CÚSTACHE facer o teu estudo persoal cada semana? A todos nos pasa ás veces. Pero pensa noutras cousas que fas con regularidade, como bañarte. Necesitas tempo e esforzo para facelo, pero a que te sentes moito mellor despois dun bo baño? Pois o teu estudo da Biblia pode ser coma un refrescante “baño de auga na palabra” (Ef. 5:26). Imos ver algunhas ideas que che poden axudar:

  • Prepara un horario. O estudo persoal é unha das cousas “máis importantes” para un cristián, e por iso non debemos deixalo a un lado (Filip. 1:10, TNM). Para axudarche a cumprir co teu horario, por que non o pos nun lugar visible coma nun taboleiro ou na porta da neveira? Ou quizais poderías poñer unha alarma no teu teléfono para que soe pouco antes do momento de estudar.

  • Adáptao ás túas necesidades. Como prefires estudar? Es capaz de estar concentrado durante unha hora seguida? Ou resúltache máis fácil conseguilo durante períodos de tempo menos longos que se repitan varias veces á semana? Ti sabes o que che vai mellor, así que planifica o teu tempo de estudo con iso en mente. Se cando chega a hora de empezar non te sentes con ganas, por que non o fas durante só 10 minutiños? Estudar ese pouquiño é mellor ca nada. Ademais, unha vez que empeces, quizais te sintas motivado a seguir un anaco máis (Filip. 2:13).

  • Decide previamente que vas estudar. Se te sentas e despois te pos a pensar en que vas estudar, non estarás “aproveitando ben este tempo” (Ef. 5:16). Por que non fas unha lista de artigos ou temas que che gustaría estudar? Cando se che ocorra algo que queiras entender mellor, engádeo a esa lista. E, ó final de cada sesión de estudo, podes engadir outras ideas novas.

  • Sé flexible. Intenta ser flexible, por exemplo, coa cantidade de tempo que dedicas ou cos temas que escolles. O que importa é que estudes cada semana. Para conseguilo, se o necesitas, podes axustar o que estudas, cando o fas e o tempo que lle dedicas.

Se estudamos cada semana, a nosa relación con Xehová fortalecerase, aprenderemos a tomar boas decisións e sentirémonos animados (Xos. 1:8).