Ir ó contido

Ir ó índice

Idea para estudar

Idea para estudar

Como estar ó día coas aclaracións de crenzas

Vivimos en tempos moi emocionantes. Grazas a Xehová, a nosa comprensión das Escrituras é cada vez maior (Dn. 12:4). Pero, quizais pode resultarnos difícil estar ó día coas últimas aclaracións das nosas crenzas. Onde poderiamos atopalas?

• O Índice de las publicaciones Watch Tower (dispoñible en español) baixo a entrada “Aclaración de creencias” contén unha lista completa ordenada por anos dos axustes de crenzas. Para atopar unha lista por temas, escribe “Aclaración de creencias” (coas comiñas incluídas) no cadro de busca do programa Watchtower Library ou Watchtower BIBLIOTECA EN LÍÑA.

• A Guía de estudio para los testigos de Jehová (en español) contén tamén unha lista máis reducida ordenada por temas. Para encontrala, vai ó tema “Los testigos de Jehová”, despois “Opiniones y creencias”, e por último “Aclaración de nuestras creencias”.

Por que non escolles algún axuste de crenzas recente e investigas no teu estudo persoal tanto a explicación actual como a base bíblica que a apoia?