Ir ó contido

Ir ó índice

Idea para investigar

Idea para investigar

Actividades para nenos

Os pais teñen a gran responsabilidade de ensinarlles sobre Deus ós seus fillos (Ef. 6:4). Para axudarlles, a organización de Xehová publica unha gran variedade de información como artigos, vídeos e cancións. Como podes utilizala para capacitar os teus fillos?

  • Busca entre as diferentes opcións. En JW.ORG poderás encontrar todo o que se publicou para os rapaces, incluídos os vídeos e as actividades para escribir ou debuxar. a Para atopalo, escribe “nenos” ou “adolescentes” no cadro de busca.

  • Escolle información apropiada para o teu fillo ou filla. Na sección “Nenos” hai información que pode axudar ós teus fillos pequenos. Tamén podes encontrar moitas actividades para nenos se escribes no cadro de busca “Ideas para la adoración en familia”, en jw.org en español.

  • Participa. Non utilices os vídeos ou as actividades impresas só para ter o teu fillo entretido con algo. Dedica tempo a falar co neno do que está facendo. Así axudaraslle a achegarse máis a Xehová.

a A aplicación JW Library® actualmente contén tódolos vídeos que hai para os rapaces pero, de momento, só conta cun número limitado de actividades escritas.