Idea para estudar
Decide que é o máis importante
A cantidade de tempo que temos para dedicarlle ó noso estudo persoal é limitada. Entón, como podes aproveitalo ben? Primeiro, non andes ás présas. Sacaraslle máis partido ó teu estudo persoal se analizas pouca información pero en profundidade, que se abarcas moita pero de maneira superficial.
Ademais, hai que establecer prioridades (Ef. 5:15, 16). Ten en conta os seguintes consellos:
Le a Biblia tódolos días (Sal. 1:2). O programa de lectura semanal que se estuda na reunión de entre semana pode ser unha moi boa forma de empezar.
Estuda con antelación o artigo de A Atalaia e a reunión de entre semana. Intenta prepararte ben para poder comentar (Sal. 22:23 [22:22, TNM]).
Intenta manterte ó día co resto do alimento espiritual, como as revistas para o público, os vídeos e a información que se publica en jw.org.
Comeza un proxecto de estudo. Poderías investigar sobre algún problema ó que te esteas enfrontando, algunha pregunta que teñas ou algún tema bíblico que che gustaría entender mellor. Para encontrar algunha idea vai á sección “Actividades para estudiar la Biblia” (dispoñible en español) en jw.org.