ARTIGO DE ESTUDO 28
Como nos beneficia temer a Xehová?
“Quen ten bo proceder teme o Señor” (PR. 14:2).
CANCIÓN sn 32 Manteñámonos firmes e inabalables!
AVANCE a
1, 2. Igual que Lot, a que desafíos se enfrontan os cristiáns hoxe en día?
Ó VER a inmoralidade que promove este mundo sentímonos coma o xusto Lot. El temía a Deus e amábao moito, por iso rechazou o comportamento inmoral das persoas que o rodeaban. Sabía que o seu Pai celestial odia a mala conduta e por iso se sentía “atormentado polo comportamento lascivo daquela xente sen decencia” (2 Pe. 2:7, 8). Nós tamén vivimos entre persoas que teñen pouco ou ningún respecto polas normas morais de Xehová. A pesar diso, podemos permanecer moralmente limpos se mantemos o noso amor por Deus e cultivamos un temor apropiado por el (Pr. 14:2).
2 Para axudarnos a conseguilo, Xehová dános consellos sabios e animadores no libro de Proverbios. Tódolos cristiáns, sexamos homes ou mulleres, novos ou maiores, podemos beneficiarnos de seguilos.
TEMER A DEUS PROTÉXENOS
3. Segundo Proverbios 17:3, cal é unha razón pola que debemos protexer o noso corazón? (Ver tamén a imaxe).
3 Unha razón moi importante para protexer o noso corazón simbólico é que Xehová o examina. Iso significa que el ve máis alá do que aparentamos ser, e sabe o tipo de persoa que somos realmente (le Proverbios 17:3). Pero el amaranos moito se nos esforzamos por encher a nosa mente cos seus sabios consellos (Xn. 4:14). Se facemos isto, non nos enganarán as mentiras do Demo e do seu mundo sobre a moralidade (1 Xn. 5:18, 19). Canto máis nos acerquemos a Xehová, máis medrará o noso amor e respecto por el. Como desexamos evitar facerlle dano ó noso Pai, non queremos nin sequera pensar na idea de pecar contra el. Cando nos sintamos tentados a facer algo malo, preguntémonos: “Como podería eu facerlle dano a propósito a alguén que me demostrou tanto amor?” (1 Xn. 4:9, 10).
4. Como protexeu o temor a Xehová a unha irmá?
4 Marta, unha irmá de Croacia que estivo tentada a cometer inmoralidade, escribiu: “Resultábame difícil pensar con claridade e loitar contra o impulso de facer algo que está mal. Pero o temor a Xehová protexeume”. b De que maneira? Marta di que meditaba nas consecuencias que tería facer algo inmoral. E nós podemos facer o mesmo. A peor consecuencia sería que lle causariamos moita dor a Xehová e poñeriamos en perigo a posibilidade de adoralo para sempre (Xén. 6:5, 6).
5. Que podes aprender da experiencia de Leo?
5 Se tememos a Xehová, teremos coidado de non xuntarnos con persoas que fan cousas que a el non lle gustan. Leo, que vive na República Democrática do Congo, tivo que aprender esa lección. Catro anos despois de bautizarse empezou a andar con malas compañías. Pensaba que, mentres el mesmo non fixese nada malo, non había ningún problema. Pero, pouco tempo despois, as malas compañías levárono a abusar do alcohol e a cometer inmoralidade. Entón empezou a pensar no que lle ensinaran seus pais, que eran cristiáns, e no feliz que era cando servía a Xehová. Cal foi o resultado? Leo recapacitou e, coa axuda dos anciáns, recuperou a súa amizade con Xehová. Hoxe en día é feliz servindo como ancián e pioneiro especial.
6. De que dúas mulleres simbólicas imos falar?
6 Imos analizar Proverbios capítulo 9, onde se fala de dúas mulleres simbólicas. Unha representa a sabedoría e a outra a insensatez. c Mentres o facemos, teñamos en mente que o mundo do Demo está obsesionado coa inmoralidade sexual e a pornografía (Ef. 4:19). Por iso é tan importante que sigamos cultivando temor por Xehová e que nos apartemos de todo o malo (Pr. 16:6). Así que, todos nós, sexamos homes ou mulleres, podemos beneficiarnos moito do que se ensina neste capítulo. Alí, descríbese a cada unha destas mulleres facéndolles unha invitación ós inexpertos. É coma se dixesen: “Ven á miña casa e come” (Pr. 9:1, 5, 6, 13, 16, 17). Pero o resultado de aceptar a invitación dunha muller ou da outra é moi diferente.
RECHAZA A INVITACIÓN DA MULLER INSENSATA
7. Segundo Proverbios 9:13-18, que lle ocorre a quen acepta a invitación da muller insensata? (Ver tamén a imaxe).
7 Fíxate na invitación que fai a muller insensata (le Proverbios 9:13-18). Ela, sen vergonza ningunha, invita os inxenuos a que vaian á súa casa para desfrutar dun banquete. Cal é o resultado? O texto segue dicindo: “Alí fican os mortos”. Quizais che soe esta linguaxe simbólica porque o libro de Proverbios utilízaa noutras ocasións. Por exemplo, advírtenos da “muller allea, da descoñecida que fala con agarimo”. E segue dicindo: “A súa casa inclínase cara á morte” (Pr. 2:11-19). En Proverbios 5:3-10 lemos outra advertencia máis sobre unha “muller allea” e dinos que “os seus pés van descendendo para a morte”.
8. Que decisión temos que tomar?
8 Os que escoitan a muller insensata teñen que escoller se aceptarán ou rechazarán a súa invitación. Pode que nós tamén teñamos que tomar unha decisión parecida. Como reaccionaremos se alguén intenta que fagamos algo inmoral ou se, de repente, vemos algunha imaxe pornográfica?
9, 10. Cales son algunhas das razóns polas que deberiamos evitar a conduta inmoral?
9 Hai moi boas razóns polas que debemos evitar a conduta inmoral. Vexamos algunhas delas. A muller insensata que se describe en Proverbios di: “Doces son as augas roubadas”. Que son estas “augas roubadas”? A Biblia compara con augas refrescantes as relacións sexuais das que poden desfrutar un home e unha muller legalmente casados dentro do seu matrimonio (Pr. 5:15-18). Pero que diferentes son as “augas roubadas”! Esta expresión pode referirse ás relacións sexuais inmorais ou ilícitas. Isto, a miúdo, faise en secreto, igual que un ladrón rouba cando ninguén o ve. As “augas roubadas” poden parecer especialmente doces cando os implicados pensan que ninguén vai descubrir o que fixeron. Pero estanse enganando a si mesmos, porque Xehová pode velo todo. E perder o seu favor non ten nada de doce. Todo o contrario! Non hai nada máis amargo ca iso (1 Cor. 6:9, 10, TNM). Pero isto non é todo.
10 A inmoralidade sexual pode provocar vergonza, decepción, embarazos non desexados e familias rotas. Está claro que o máis sabio é rechazar a invitación da muller insensata. Á parte de perder a súa relación con Xehová, moitas persoas inmorais contraen enfermidades que lles provocan a morte (Pr. 7:23, 26). Proverbios 9:18 di que “os seus convidados”, é dicir, os que aceptan a súa invitación, acaban “nos vales do Xeol”. Se as consecuencias son tan malas, por que tantos aceptan esta invitación? (Pr. 9:13-18).
11. Por que fai tanto dano ver pornografía?
11 Unha trampa moi común é a pornografía. Algúns pensan que non ten nada de malo, pero todo o contrario! A pornografía causa dano, é aditiva e fai que se perda o respecto por un mesmo e polos outros. Ademais, as imaxes inmorais causan moito impacto e son moi difíciles de borrar da mente. Pero o máis perigoso é que tamén poden avivar os malos desexos (Col. 3:5; Sant. 1:14, 15). Por desgraza, moitas persoas que viron pornografía acabaron cometendo actos inmorais.
12. Como demostramos que evitamos imaxes que poidan despertar pensamentos inmorais en nós?
12 Que deberiamos facer se, de repente, nos aparece unha imaxe pornográfica? Deixar de mirala de inmediato. Algo que nos pode axudar a facelo é recordar que a nosa relación con Xehová é o máis valioso que temos. Incluso as imaxes que non se consideran pornográficas poden despertar en nós desexos inmorais. Por que temos que evitalas? Porque non queremos nin pensar en facer algo inmoral (Mt. 5:28, 29). David, un ancián de Tailandia di: “Neses casos pregúntome: ‘Aínda que unha imaxe non sexa considerada como pornográfica, gustaralle a Xehová que a siga mirando?’. Razoar desta maneira axúdame a actuar con sabedoría”.
13. Que nos axudará a actuar con sabedoría?
13 Cultivar un temor apropiado a desagradar a Xehová axudaranos a actuar con sabedoría. De feito, o temor a Deus é a base ou “o comezo da Sabedoría” (Pr. 9:10). Isto ilústrase moi ben na primeira parte do capítulo 9 de Proverbios, onde se fala doutra muller simbólica e se lle chama: “A Sabedoría”.
ACEPTA A INVITACIÓN DA MULLER SABIA
14. Que outra invitación encontramos en Proverbios 9:1-6?
14 Le Proverbios 9:1-6. Aquí lemos a invitación que nos fai Xehová, que é o noso Creador e a fonte de toda sabedoría (Pr. 2:6; Rm. 16:27). Esta pasaxe fala dunha casa moi grande con sete columnas. Isto ilustra que Xehová é xeneroso e que acolle a tódolos que queren aprender del e facerse sabios.
15. A que nos invita Deus?
15 O exemplo da muller simbólica que aparece en Proverbios capítulo 9 e representa “a Sabedoría” ensínanos que Xehová é xeneroso e que nos dá moitas cousas boas. O relato di que esta muller lles dixo ós seus invitados que entrasen na súa casa e que desfrutasen da carne e do viño que preparara (Pr. 9:2). Ademais, nos versículos 4 e 5 a muller sabia manda dicirlles ós inxenuos: “Vide, comede do meu pan”. Por que deberiamos aceptar esta invitación? Xehová desexa que os seus queridos servos sexan sabios e estean protexidos. Non quere que aprendamos as cousas polas malas, a base de erros e malas experiencias. Por iso, “el reserva sabedoría práctica para os que son rectos” (Pr. 2:7, TNM). Cando tememos a Xehová queremos agradarlle. Iso fai que nos guste escoitar e aplicar os seus sabios consellos (Sant. 1:25).
16. Como lle axudou a Alain o temor a Deus, e con que resultado?
16 Vexamos como o temor a Deus axudou a Alain a tomar unha boa decisión. Este ancián, que é profesor nun colexio, di: “Moitos dos meus compañeiros de traballo consideraban que as películas pornográficas eran unha forma de educación sexual”. Pero Alain non se deixou enganar. El explica como lle axudou o temor a Deus: “Como respecto e amo a Xehová rechacei con decisión ver este tipo de películas, e expliqueilles as razóns ós meus compañeiros”. Así aplicou o sabio consello de andar “pola vía da intelixencia” (Pr. 9:6). Algúns dos seus compañeiros quedaron tan impresionados que agora estudan a Biblia e asisten ás reunións cristiás.
17, 18. De que bendicións poden desfrutar os que aceptan a invitación da muller sensata tanto no presente coma no futuro? (Ver tamén a imaxe).
17 Xehová usa o exemplo destas dúas mulleres simbólicas para demostrarnos como ter un futuro feliz. Os que aceptan a invitación da muller insensata céntranse en desfrutar da inmoralidade sexual, viven o momento e non se dan conta do futuro que lles espera. Pero os seus actos levaranos á morte (Pr. 9:13, 17, 18).
18 Que diferente é o resultado para os que aceptan a invitación da muller simbólica que representa a sabedoría! Os seus invitados desfrutan dun banquete no que teñen todo o alimento espiritual que necesitan para permanecer cerca de Xehová (Is. 65:13). Por medio do profeta Isaías, Xehová dixo: “Escoitádeme ben: comede ben e que a vosa gorxa se alegre coa graxa” (Is. 55:1, 2). Os servos de Xehová aprendemos a amar o que el ama e a odiar o que el odia (Sal. 97:10). E fainos moi felices invitar a outros para que cheguen a coñecer a verdadeira sabedoría. Somos coma as criadas ás que se lles mandou “anuncia-lo convite polos altos da cidade”. Igual ca elas dicimos: “Quen sexa inxenuo, que se achegue aquí”. Os beneficios para nós e para tódolos que nos escoitan non son momentáneos e pasaxeiros, senón que nos permitirán vivir para sempre e seguir avanzando “pola vía da intelixencia” (Pr. 9:3, 4, 6).
19. Tal como di Eclesiastés 12:13, 14, TNM, que estamos decididos a facer? (Mira o recadro “ Como nos protexe o temor a Deus”).
19 Le Eclesiastés 12:13, 14, TNM. O temor que sentimos por Xehová protexerá o noso corazón, axudaranos a manternos moralmente limpos e permitiranos permanecer cerca del durante estes últimos días. Tamén nos motivará a seguir invitando o maior número de persoas posible a que coñezan a verdadeira sabedoría e se beneficien dela.
CANCIÓN sjj 127 A persoa que quero ser
a Os cristiáns queremos cultivar un temor apropiado por Deus. Ese temor pode protexer o noso corazón e axudarnos a evitar as consecuencias da inmoralidade sexual e a pornografía. Neste artigo imos analizar o capítulo 9 de Proverbios. Este capítulo describe unha muller que representa a sabedoría e outra muller que representa a insensatez. Os consellos que imos ver poden axudarnos tanto agora coma no futuro.
b Cambiáronse algúns nomes.
c Para ver outros exemplos nos que a Biblia describe diferentes asuntos coma se fosen persoas, le Romanos 5:14 e Gálatas 4:24.