Ir ó contido

Ir ó índice

A verdade sobre o Reino de Deus

A verdade sobre o Reino de Deus

Xesús ensinoulles ós seus discípulos a orar: “Noso Pai que estás nos ceos, que o teu nome sexa santificado. Que veña o teu Reino. Que se faga a túa vontade na terra, coma se fai no ceo” (Mateo 6:9, 10). Que é o Reino de Deus? Que está facendo? Por que debemos incluílo nas nosas oracións?

Xesús é o Rei do Reino de Deus

Lucas 1:31-33: “Ó que lle poñerás de nome Xesús. Será grande e chamarase Fillo do Altísimo, e o Señor Deus daralle o trono de David, seu pai; reinará por sempre na casa de Xacob, e o seu reinado non terá fin”.

O Reino era o tema principal da predicación de Xesús

Mateo 9:35: “Xesús empezou a ir por tódalas cidades e aldeas ensinando nas sinagogas, predicando as boas noticias do Reino e curando todo tipo de enfermidades e doenzas”.

Xesús deulles ós discípulos un sinal que lles indicaría cando estaría a punto de chegar o Reino

Mateo 24:7: “As nacións loitarán unhas contra outras e os reinos pelexarán uns contra outros, e en moitos lugares haberá fame e terremotos”.

Os discípulos de Xesús están predicando o Reino por toda a Terra

Mateo 24:14: “E as boas noticias do Reino predicaranse por toda a terra habitada para que tódalas nacións poidan escoitalas, e entón virá o fin”.