Ir ó contido

Ir ó índice

A ATALAIA Núm. 1 2023 | A saúde mental: Como pode axudarnos a Biblia?

Millóns de persoas en todo o mundo sofren algunha clase de problema relacionado coa saúde mental. Independentemente da súa idade, do seu nivel económico, da súa cultura, da súa raza ou da súa relixión, todos teñen que loitar contra os terribles efectos das enfermidades mentais. Que son estas enfermidades e que efecto teñen nas persoas? Esta revista non só analiza a importancia de ter un tratamento médico apropiado, senón tamén algunhas ideas que aparecen na Biblia que lles poden axudar a tódolos que sofren esta clase de enfermidades.

 

A saúde mental é unha preocupación mundial

Os trastornos mentais poden afectar a persoas de calquera idade ou procedencia. Mira como os consellos da Biblia che poden axudar a coidar da túa saúde mental.

Deus preocúpase por ti

Por que podes estar seguro de que Xehová comprende os teus pensamentos e sentimentos mellor que calquera outra persoa?

1 | A oración: “Botade sobre Deus tódalas vosas ansias”

É certo que podemos orarlle a Deus sobre calquera pensamento ou preocupación que nos angustie? Como lles axuda a oración a aqueles que sofren ansiedade?

2 | “O consolo que dan as Escrituras”

A Biblia dános verdadeira esperanza de que dentro de pouco o sufrimento emocional será cousa do pasado.

3 | Como poden axudarche os exemplos da Biblia?

Os relatos de persoas da Biblia que tiveron sentimentos coma os nosos poden axudarnos a sentirnos menos sós cando temos sentimentos que nos quitan a paz.

4 | A Biblia dános bos consellos

Reflexionar no que di a Biblia e poñerte obxectivos razoables pode axudarche cos problemas de saúde mental que poidas ter.

Axudemos ós que padecen unha enfermidade mental

Darlle o teu apoio a un amigo que sofre unha enfermidade mental pode serlle de moita axuda.