Ir ó contido

Ir ó índice

Necesitamos un mundo mellor!

Necesitamos un mundo mellor!

“Somos un mundo en crise”, dixo António Guterres, secretario xeral das Nacións Unidas. Ti tamén pensas así?

As noticias son cada vez peores:

  • Enfermidades e pandemias

  • Desastres naturais

  • Pobreza e fame

  • Contaminación e quecemento global

  • Delincuencia, violencia e corrupción

  • Guerras

Está claro que necesitamos un mundo mellor. Un mundo no que haxa:

  • Saúde perfecta

  • Clima en perfecto equilibrio

  • Alimento para todos

  • Un ambiente limpo

  • Xustiza para todos

  • Paz mundial

Pero, a que nos referimos con un mundo mellor?

Que lle vai pasar ó mundo no que vivimos?

Que podemos facer para vivir nun mundo mellor?

Cando leas esta revista, coñecerás as respostas tan animadoras que dá a Biblia a estas e a outras preguntas.