Ir ó contido

Ir ó índice

Oleh_Slobodeniuk/E+ via Getty Images

Deus promete que o noso planeta sobrevivirá

Deus promete que o noso planeta sobrevivirá

“A Terra é máis resistente do que pensabamos”.

Esa foi a conclusión sobre o cambio climático á que chegou un equipo internacional de investigadores. Se cres nun Creador que se preocupa pola humanidade, esta conclusión científica seguramente che recorde tódolos procesos naturais de rexeneración que Deus incluíu cando deseñou o noso planeta.

Aínda así, por culpa do gran dano que a humanidade lle causou á Terra, necesítase algo máis que procesos naturais para que o noso planeta sobreviva. Por que podemos confiar en que Deus vai facer algo ó respecto?

As seguintes citas bíblicas dannos a seguridade de que a Terra non só sobrevivirá, senón que incluso vai ir a mellor.

  • O noso planeta foi creado por Deus “No principio creou Deus o ceo e a terra” (Xénese 1:1).

  • Deus é o dono da Terra “Do Señor é a terra e canto a enche” (Salmo 24:1).

  • Deus deseñou o noso planeta para que sobrevivise “Ti asentáche-la terra nos seus alicerces e non abalará endexamais” (Salmo 104:5).

  • Deus promete que a vida prosperará no noso planeta para sempre “El é Deus, o formador da terra [...], non a creou coma un caos, formouna para ser habitada” (Isaías 45:18).

  • Deus promete que os seres humanos vivirán na Terra para sempre “Os xustos herdarán a terra e habitarán nela para sempre” (Salmo 37:29).

Deus deseñou a Terra de maneira que os humanos poidan facer un uso equilibrado dos seus recursos sen chegar a danala. A Biblia explica que Xehová Deus a ten un tempo fixado para poñer fin ós comportamentos egoístas e abusivos que danaron o noso querido planeta (Apocalipse 11:18).

A Biblia promete que Deus converterá a Terra nun fermoso paraíso onde non haberá máis contaminación. Entón, abrirá a súa man para darlle “fartura a todo ser vivo” (Salmo 145:16).

a Xehová é o nome persoal de Deus. Este nome tamén pode traducirse como Iavé (Isaías 42:8).