Que pasou co respecto polos demais?
POR QUE É IMPORTANTE RESPECTAR OS DEMAIS
Cando respectamos a outros podemos evitar que unha mala situación vaia a peor.
-
Un proverbio da Biblia di: “Unha resposta doce alonga [ou aparta] a cólera, unha verba ferinte acende a ira” (Proverbios 15:1). Falar e actuar de maneira irrespectuosa é como botar máis leña ó lume, e normalmente os resultados son desastrosos.
-
Xesús dixo: “Pola boca sae o que abunda no corazón” (Mateo 12:34). Ser irrespectuoso pode indicar que temos un problema maior: ter unha opinión negativa das persoas que son dunha raza, tribo, nacionalidade ou clase social diferente á nosa.
Nunha enquisa que se fixo hai pouco a máis de 32.000 persoas en 28 países, o 65% dixo que hai menos civismo e respecto ca nunca antes.
QUE PODES FACER TI
Respecta as persoas coas que falas, aínda que non esteas de acordo con elas. Identifica as cousas coas que estás de acordo. Iso axudarache a non volverte crítico.
Trata os demais como che gustaría que te tratasen a ti. Se es amable e xusto cos demais, é máis probable que te traten igual de ben.
Perdoa. Confía en que a persoa non quería ofenderte e pasa por alto as palabras e accións pouco amables.
QUE ESTAMOS FACENDO AS TESTEMUÑAS DE XEHOVÁ
Demostramos respecto polos demais, tanto na zona onde vivimos coma nos nosos traballos, e animamos as persoas a facer o mesmo.
Ofrecemos formación gratuíta baseada na Biblia a tódalas persoas, pero non lles impoñemos as nosas crenzas nin a nosa opinión. Máis ben, esforzámonos por aplicar o consello da Biblia de compartir a nosa mensaxe “con bo xeito e con respecto” (1 Pedro 3:15, 16; 2 Timoteo 2:24).
Rechazamos a discriminación e dámoslles a benvida ás nosas reunións a persoas de calquera orixe que queiran aprender o que ensina a Biblia. Esforzámonos por ter “consideración con todo o mundo”, aínda que non esteamos de acordo coas súas decisións (1 Pedro 2:17).
Respectamos a autoridade do goberno baixo o que vivimos (Romanos 13:1). Obedecemos a lei e pagamos os impostos. E, aínda que nos mantemos á marxe da política, respectamos o dereito que teñen os demais de tomar as súas decisións neste asunto.