Ir ó contido

Ir ó índice

Que pasou co respecto por un mesmo?

Que pasou co respecto por un mesmo?

POR QUE É IMPORTANTE RESPECTARSE A UN MESMO

As persoas que se respectan a si mesmas poden enfrontarse con confianza ós problemas da vida e non se renden facilmente.

  • Os estudos mostran que os que non teñen un bo concepto de si mesmos son propensos a sufrir ansiedade, depresión e trastornos alimenticios. Tamén é máis probable que abusen do alcohol, dos medicamentos ou que consuman drogas.

  • As persoas que se respectan a si mesmas evitan compararse con outros, o que lles facilita levarse ben cos demais e conseguir amizades fortes. Por outro lado, é máis probable que os que non se respectan sexan críticos, e isto dana as relacións.

  • Incluso cando se enfrontan a problemas, as persoas que teñen unha boa autoestima mantéñense fortes e non permiten que os contratempos lles impidan alcanzar as súas metas. Pero os que teñen pouca autoestima ven os seus pequenos fallos moito máis grandes do que son en realidade, e iso pode facer que se rendan máis facilmente.

QUE PODES FACER TI

Escolle amigos que te fortalezan. Faite amigo de persoas respectuosas, que se preocupen de verdade por ti e que te poidan fortalecer.

“O amigo ama en todo tempo, e amósase coma un irmáu no perigo” (Proverbios 17:17, Sagra Biblia en Galego, Manuel Casado Nieto).

Axúdalles a outros. Cando es amable e fas cousas por outros, incluso polos que non che poden devolver o favor, encontras a verdadeira felicidade que obtés ó dar. Serás feliz aínda se os demais non se dan conta do que fas.

“Hai máis felicidade en dar que en recibir” (Feitos 20:35).

Axúdalles ós teus fillos a ter unha boa autoestima. Unha maneira de facelo é permitíndolles resolver os seus problemas, na medida na que poidan. Así saberán como enfrontarse ós problemas e como solucionalos. Se o conseguen, terán máis respecto por si mesmos e isto seralles moi útil cando sexan adultos.

“Afai ó mozo ó seu vieiro: aínda de vello non se apartará del” (Proverbios 22:6).

QUE ESTAMOS FACENDO AS TESTEMUÑAS DE XEHOVÁ

As reunións e o programa de estudo da Biblia das Testemuñas de Xehová axúdanlles ás persoas a mellorar a súa vida e a súa autoestima.

AS NOSAS REUNIÓNS SEMANAIS

Nas nosas reunión semanais desfrutamos de escoitar conferencias baseadas na Biblia que moitas veces inclúen ideas para mellorar a autoestima. Son gratuítas e pode asistir quen queira. Por exemplo, nelas aprenderás...

  • ... por que es importante para Deus

  • ... como encontrar o propósito da vida

  • ... como conseguir amizades fortes e duradeiras

Tamén encontrarás verdadeiros amigos que se preocupan “por igual uns dos outros” (1 Corintios 12:25, 26).

Para aprender máis sobre as nosas reunións, busca en jw.org o vídeo curto Como son as nosas reunións?

O NOSO CURSO DA BIBLIA

Ofrecemos cursos bíblicos interactivos e gratuítos usando o libro Desfruta da vida para sempre! Neste curso destácanse textos da Biblia prácticos que se analizan cun mestre usando preguntas. Tamén inclúe vídeos interesantes e ilustracións moi bonitas. Este curso axúdalles ás persoas a mellorar a súa vida e a respectarse máis a si mesmas.

Para ver como che pode axudar estudar a Biblia coas testemuñas de Xehová, busca en jw.org o vídeo curto Por que estudar a Biblia?