Ir ó contido

Ir ó índice

Introdución

Introdución

12 claves para unha familia feliz

Escóitase falar moito dos problemas que dividen as familias. Pero, que fai que algunhas familias sigan unidas?

  • Entre 1990 e 2015, a taxa de divorcios nos Estados Unidos duplicouse entre os maiores de 50 anos e triplicouse entre os maiores de 65.

  • Os pais xa non saben que facer. Algúns expertos recomendan louvar os fillos constantemente e outros recomendan ser moi estritos.

  • Os mozos chegan á idade adulta sen as habilidades que precisan para que lles vaia ben.

Pero o certo é que...

  • ... o matrimonio pode ser unha unión feliz e permanente.

  • ... os pais poden aprender a educar os fillos con cariño.

  • ... os mozos poden chegar a ter as habilidades que precisan para a vida adulta.

Como? Este número da revista Despertade! fala de doce claves para ter unha familia feliz.