Ir ó contido

Ir ó índice

Encontra unha boa motivación

Encontra unha boa motivación

Encontra unha boa motivación

“A característica máis importante dos que logran deixar de fumar é a súa firme determinación.” (Stop Smoking Now!)

NOUTRAS palabras, se queres deixar de fumar necesitas ter unha motivación forte. Pero, como podes conseguila? Ante de nada, pensa nos beneficios que obterás se deixas o tabaco.

Aforrarás cartos. Fumar un paquete de tabaco ó día pode custarche máis de 100 euros ó mes. “Non me dera conta de que gastaba tantos cartos en tabaco” (Gyanu, Nepal).

Desfrutarás máis da vida. “Poderíase dicir que a miña vida empezou cando deixei de fumar, e vaime cada vez mellor” (Regina, Suráfrica). Cando unha persoa deixa de fumar, o seu sentido do gusto e do olfacto melloran notablemente e ata ten máis enerxía e mellor aspecto físico.

A túa saúde mellorará. “Deixar de fumar produce beneficios importantes e inmediatos para a saúde de homes e mulleres de tódalas idades” (Centros para o Control e a Prevención de Enfermidades dos Estados Unidos).

Terás máis confianza en ti mesmo. “Deixei de fumar porque non quería que o tabaco me controlase. Quería ser o dono do meu propio corpo” (Henning, Dinamarca).

A túa familia e os teus amigos beneficiaranse. “Fumar [...] prexudica a saúde dos que te rodean. [...] Os estudos realizados demostraron que cada ano miles de persoas morren de cancro de pulmón ou de enfermidades cardíacas por ser fumadoras pasivas” (Sociedade Americana contra o Cancro).

Farás feliz o teu Creador. “Meus amigos, limpémonos de toda inmundicia de corpo” (2 Corintios 7:1). “Rógovos, [...] que ofrezáde-los vosos corpos coma sacrificio vivo, santo, grato a Deus” (Romanos 12:1).

“Cando comprendín que Deus non aproba as cousas que contaminan o corpo, decidín deixar o tabaco” (Sylvia, España).

Con todo, moitas veces non só chega con ter unha boa motivación. Poida que tamén se necesite a axuda doutros, como por exemplo, de familiares e amigos. Pero, como poden axudar eles?