Ir ó contido

Ir ó índice

Agárdannos tempos mellores!

Agárdannos tempos mellores!

Agárdannos tempos mellores!

“Un pouco aínda: xa os impíos non existen [...]; os humildes, en cambio, herdan a terra e gozan de paz perfecta” (SALMO 37:10, 11).

GUSTARÍACHE ver como se cumpre a profecía citada enriba? Seguro que si. Pois temos boas razóns para crer que isto axiña se vai cumprir.

Os artigos anteriores falaban só dalgunhas profecías da Biblia que indican claramente que vivimos nos “días derradeiros” (2 Timoteo 3:1-5). Deus inspirou os escritores da Biblia para que profetizasen estes sucesos e así nós poidamos ter esperanza (Romanos 15:4). O cumprimento destas profecías significa que os problemas que agora sufrimos acabarán dentro de pouco.

E que virá despois? O Reino de Deus gobernará toda a humanidade (Mateo 6:9). Mira a descrición que fai a Biblia de como será a vida na Terra cando iso pase:

Non haberá fame. “Abundará o trigo nos campos, nos montes ondularán coma no Líbano os froitos” (Salmo 72:16).

Non haberá enfermidades. “Quen alí reside non dirá: ‘Estou impedido’” (Isaías 33:24).

Rexenerarase a Terra. “¡Que se alegren o deserto e maila terra reseca, que brinque de ledicia a estepa e que floreza!” (Isaías 35:1).

Estas son só algunhas das animadoras profecías que conten a Biblia e que pronto se cumprirán. Por que non lle pides a unha testemuña de Xehová que che explique por que está tan convencida de que nos agardan tempo mellores?