Ir ó contido

Ir ó índice

“Proclamarase esta Boa Nova do Reino”

“Proclamarase esta Boa Nova do Reino”

“Proclamarase esta Boa Nova do Reino”

“Proclamarase esta Boa Nova do Reino en todas partes para dar testemuño a tódolos pobos. Entón será a fin.” (MATEO 24:14)

Que significa? De acordo co Evanxeo de Lucas, Xesús “púxose a percorrer vilas e aldeas, predicando e anunciando a Boa Nova do Reino de Deus” (Lucas 8:1). Nunha ocasión dixo: “Cómpre que anuncie o Reino de Deus noutras vilas, que para isto me mandaron” (Lucas 4:43). Ademais, Xesús tamén mandou os seus discípulos a predicar esas boas novas nas cidades e pobos próximos. E co tempo díxolles: “Seréde-las miñas testemuñas [...] ata os confíns da terra” (Feitos 1:8; Lucas 10:1).

O exemplo dos primeiros cristiáns. Os discípulos de Xesús puxéronse de inmediato a facer o que el lles mandara. En Feitos 5:42 dise que “cada día, no templo e nas casas non paraban de ensinar e de anuncia-la Boa Nova de que Xesús é o Mesías”. Este labor non estaba limitado a unha elite ou grupo selecto, senón que todos eles participaban nel. O historiador August Neander dixo: “Celso, un dos primeiros críticos que escribiron en contra do cristianismo, burlábase de que cardadores de la, zapateiros, bataneiros, persoas da maior ignorancia e desprovistas de toda educación, fosen celosos predicadores do evanxeo”. Jean Bernardi, autor do libro Les premiers siècles de l’Église (Os primeiros séculos da Igrexa), explica que os cristiáns debían “falar en todas partes e a todo o mundo. Nos camiños e nas cidades, nas prazas públicas e nos fogares. En circunstancias favorables ou desfavorables”. Como o autor indica máis adiante, tiñan que chegar “ata os confíns da Terra”.

Quen fai o mesmo na actualidade? O párroco anglicano David Watson cre que “parte do malestar espiritual que se respira hoxe se debe á falta de interese da Igrexa pola predicación e a ensinanza”. No seu libro ¿Por qué se van los Católicos?, José Luis Pérez Guadalupe explica que as testemuñas de Xehová “van sistematicamente de casa en casa”, a diferenza dos evanxélicos, os adventistas e outros grupos relixiosos.

No informe Cato Supreme Court Review, 2001-2002, Jonathan Turley fixo unha observación moi interesante e realista. Alí dixo: “Basta con mencionar as testemuñas de Xehová para que a maioría da xente pense neses predicadores que chaman á súa porta nos momentos máis inoportunos. Para eles, o proselitismo de casa en casa non é un medio para promover as súas crenzas, senón un dogma de fe”.

[Recadro]

Xa os identificaches?

Nesta serie de artigos analizouse unha serie de características que, segundo a Biblia, identifica os cristiáns verdadeiros. Quen pensas que encaixa nesa descrición? É certo que hai decenas de miles de grupos e denominacións relixiosas que din ser cristiáns. Con todo, lembra a advertencia que lles deu Xesús ós seus discípulos: “Non todo o que me di: ‘¡Señor! ¡Señor!’ entrará no Reino dos Ceos, senón o que fai a vontade do meu Pai” (Mateo 7:21). Polo tanto, para desfrutar das bendicións eternas que traerá o Reino de Deus, hai que identificar os que fan a vontade do Pai —é dicir, os cristiáns verdadeiros— e formar parte dese grupo. Gustaríache saber máis sobre este Reino e os beneficios que traerá? Animámoste a falar coas testemuñas de Xehová que che deron esta revista (Lucas 4:43).