Atoparon algo mellor
HAI millóns de cristiáns que non celebran o Nadal. Arrepíntense de tomar esa decisión? Botan de menos algunha cousa? Senten os seus fillos que se están perdendo algo? Mira o que pensan algunhas testemuñas de Xehová arredor do mundo.
Recordar a Xesús: “Antes de facerme testemuña de Xehová, case non ía á igrexa. E, se ía algunha vez, era polo Nadal ou pola Pascua. Pero, aínda así, non dedicaba tempo a pensar en Xesús. Agora non celebro o Nadal, pero reúnome coa miña congregación dúas veces á semana e ensínolles a outras persoas o que di A Biblia sobre Xesús” (EVE, AUSTRALIA).
Dar regalos: “Emociónome moito cando me fan regalos cos que non contaba. Encántanme as sorpresas! Tamén desfruto facendo postais e debuxos para regalarlles a outras persoas. Así eles están máis contentos e eu son máis feliz” (REUBEN, IRLANDA DO NORTE).
Axudar ós necesitados: “Desfrutamos moito preparando comidas para os enfermos. Ás veces tamén lles levamos flores, un biscoito ou un regaliño para animalos. Isto é algo que se pode facer en calquera momento do ano” (EMILY, AUSTRALIA).
Reunirse coa familia: “Cando facemos reunións familiares, os nenos teñen a oportunidade de coñecer mellor os seus tíos, avós e primos nun ambiente tranquilo. Como non estamos atados a tradicións ou a festas, os nosos familiares saben que os visitamos porque queremos, e non por obrigación” (WENDY, ILLAS CAIMÁN).
Promover a paz: “No Nadal hai tanto que facer que pouca xente ten tempo para pensar na paz. Saber o que promete a Biblia para a humanidade axudoume a encontrar verdadeira paz. Agora sei que os meus fillos desfrutarán dun futuro mellor” (SANDRA, ESPAÑA).