Ir ó contido

Ir ó índice

COMO SE USAN AS TÚAS DOAZÓNS

Axudamos os que sofren por culpa dos desastres

Axudamos os que sofren por culpa dos desastres

1 DE FEBREIRO DE 2021

 No ano 2020 sufrimos moitos desastres naturais e mesmo o comezo da pandemia da COVID-19 en todo o mundo. Como axudaron as testemuñas de Xehová os afectados?

 Durante o ano de servizo 2020, a o Comité de Coordinadores do Consello Reitor aprobou gastar 28 millóns de dólares b en labores de socorro. Isto proporcionoulles axuda ás vítimas de máis de 200 desastres, incluída a pandemia da COVID-19, moitos ciclóns tropicais, inundacións en África, escaseza de alimentos en Venezuela e secas en Cimbabue. Os fondos doados axudaron a pagar comida, auga, refuxio, roupa e atención médica. Tamén produtos básicos para limpeza, reparacións e reconstrucións. Vexamos algúns exemplos das labores de socorro.

 COVID-19. Por todo o mundo, a pandemia afectoulles ós nosos irmáns física, emocional e economicamente. Para axudalos, formáronse máis de 800 Comités de Socorro en todo o mundo. Estes comités atenderon as necesidades dos nosos irmáns e enviaron informes con rapidez. Isto axudoulle ó Comité de Coordinadores a saber cal era o mellor xeito de dirixir os labores.

 Durante este ano, os Comités de Socorro axudaron a moitos a obter comida, auga, produtos de limpeza e medicamentos básicos. Nalgunhas zonas, os Comités de Socorro tamén traballaron cos anciáns locais para axudarlles ós irmáns a obter axudas do goberno.

 As nosas labores de socorro chamaron a atención dalgunhas persoas que non son testemuñas de Xehová. Por exemplo, Field Simwinga, comisario do distrito de Nakonde, en Zambia, dixo dos nosos irmáns: “Estamos agradecidos pola axuda tan necesaria e oportuna que lles deron ás familias afectadas”.

 Escaseza de alimentos en Angola. A pandemia da COVID-19 provocou que houbese menos alimentos dispoñibles en Angola, en consecuencia, o seu prezo aumentou moito. Para moitos dos nosos irmáns era moi difícil comprar alimentos.

Enviáronse lotes de comida de Brasil a Angola

 Solicitóuselle á sucursal de Brasil que axudasen enviando lotes de comida para os irmáns de Angola. Para aproveitar ó máximo os fondos, estudouse con coidado cal era a mellor forma de comprar e enviar a comida. Como media cada lote custaba aproximadamente uns 22 dólares, e cada un deles contiña case 20 quilos de comida como arroz, legumes e aceite para cociñar. Ata a data, enviáronse 33.544 lotes, un total de 654 toneladas. Combinadas coa comida local, estas provisións axudaron a alimentar a máis de 50.000 persoas.

 Como se senten os nosos irmáns ó recibir esta axuda? Alexandre, que vive nunha zona illada de Angola, di: “Vexo esta axuda como unha proba de que Xehová me quere e que non estou só. Sinto que a organización de Xehová me valora”. Mariza, unha nai solteira, di: “Xehová escoitou as miñas oracións. Doulle moitas grazas a el e á súa organización”.

Os irmáns en Angola están agradecidos pola axuda que recibiron

 Axuda durante a seca en Cimbabue. Durante o ano de servizo 2020, Cimbabue sufriu unha gran seca. Como consecuencia, millóns de persoas padeceron fame extrema. Milleiros de testemuñas de Xehová de Cimbabue non tiñan suficiente alimento.

 Formáronse cinco Comités de Socorro para subministrarlles comida ós nosos irmáns. Centos de publicadores axudaron empaquetando comida, cargando as provisións ou prestando os seus vehículos. c Durante o ano de servizo 2020, usáronse 691.561 dólares para alimentar a máis de 22.700 persoas.

Os irmáns de Cimbabue reciben alimentos (antes da pandemia)

 Nalgúns casos, os irmáns xa non tiñan que comer para cando chegou a axuda. Así que recibiron a comida, os nosos irmáns oraron agradecidos a Xehová e mesmo algúns comezaron a cantar cancións do Reino.

 Nunha zona, dúas testemuñas de Xehová viúvas asistiron a unha reunión da comunidade para falar sobre a axuda alimentaria que ofrecía unha organización non gobernamental (ONG). Non obstante, a reunión adquiriu un carácter político, polo que as irmás decidiron non aceptar as condicións desa axuda. O saír da reunión burláronse delas e dixéronlles: “Non veñades buscar comida onda nós!”. Tan só dúas semanas despois os nosos irmáns chegaron á zona e déronlles alimentos ás nosas irmás, incluso moito antes de que chegase a axuda da ONG.

“Xehová nunca deixou os seus servos”, di Prisca

 A axuda que se deu en Cimbabue tamén deu bo testemuño. Por exemplo, vexamos a experiencia de Prisca, que vive nunha pequena aldea. A pesar das dificultades que ocasionou a seca, Prisca dedicaba todos os mércores e venres á predicación, incluso durante a época de labrar a terra. A xente da súa aldea facía riso dela e dicíanlle: “Aínda vas matar de fame a túa familia por ir predicar”. Pero Prisca respondíalles: “Xehová nunca deixou os seus servos”. Pouco tempo despois, recibiu alimentos da nosa organización. Isto impresionou tanto a algúns dos seus veciños, que lle dixeron: “Deus nunca che fallou, por iso queremos aprender máis del”. Agora sete veciños da aldea escoitan as reunións de congregación que se retransmiten pola radio.

 A medida que se achega a fin, seguiremos enfrontando desastres naturais (Mateo 24:3, 7). Agradecemos moito as xenerosas doazóns que fas a través dos diferentes métodos que atopamos en donate.pr418.com. Serán de gran axuda para darlles o necesario ós irmáns que están sufrindo por culpa dos desastres.

a O ano de servizo 2020 vai dende setembro de 2019 ata agosto de 2020.

b Todas as cantidades de diñeiro deste artigo son en dólares americanos.

c Por causa das restricións da pandemia da COVID-19, os nosos irmáns tiveron que pedir permiso para entregar os alimentos. Tamén tomaron as precaucións necesarias para reducir o risco de contaxio.