Ir ó contido

Ir ó índice

COMO SE USAN AS TÚAS DOAZÓNS

Cancións que nos achegan a Xehová

Cancións que nos achegan a Xehová

1 DE NOVEMBRO DE 2021

 A música é un fermoso agasallo de Xehová que pode mellorar o noso estado de ánimo e mesmo motivarnos. Este é o caso das nosas cancións. De feito, poden facer moito máis: poden achegarnos a Xehová.

 Dende 2014, fixéronse unhas 70 cancións e polo menos unha delas está dispoñible en máis de 500 idiomas. Poida que te preguntes: “Quen traballa nestas cancións e como se crean?”.

Unha ollada entre bastidores

 Baixo a guía do Comité de Ensino do Consello Reitor, un grupo de irmáns do Departamento de Servizos Audiovisuais, fan as cancións. O Equipo de Produción Musical está composto por 13 irmáns que axudan coa organización, a composición, a enxeñería de son e outras tarefas necesarias. Ademais, o Comité de Ensino aprobou que voluntarios a distancia de todo o mundo participen nestas tarefas, incluíndo compositores, músicos e cantantes. Estes irmáns utilizan con humildade as súas habilidades sen buscar o seu recoñecemento persoal.

 Como se fai unha canción? Primeiro, o Comité de Ensino decide que pasaxes da Biblia servirán como base para a canción, así como que sentimentos queren transmitir. Despois, o Equipo de Produción Musical asigna quen comporá a música e quen escribirá a letra. Con todo isto prepárase unha gravación preliminar. O Comité de Ensino revisa a gravación e dá suxestións. Por último, o equipo faille os axustes necesarios á canción e grava a versión final. As cancións grávanse en distintas localizacións, dende sucursais ata casas particulares.

 Para compoñer e gravar as cancións os nosos irmáns usan diferentes programas informáticos. Neste traballo tamén son necesarios instrumentos musicais, mesturadores de son, amplificadores, altofalantes e micrófonos. Cada un destes micrófonos custa entre uns 80 e 900 euros. No ano 2020, gastáronse un 100.000 euros en equipos de gravación.

 Que se fai para aforrar os cartiños? En lugar de ter moitos irmáns en Betel, úsanse voluntarios a distancia. Ademais, non se grava cunha gran orquestra, senón que os irmáns compoñen e gravan a música dixitalmente.

“Sonche un salvavidas espiritual”

 Ós irmáns encántalles escoitar as cancións. Tara, que vive en Alemaña, di: “Cando teño ansiedade, as cancións axúdanme a relaxarme. Escoitalas na lingua do meu corazón faime sentir coma se Xehová me dese unha aperta”. Dimitri, un irmán de Kazakhistán, di: “Encántame escoitar as cancións sen ter que preocuparme pola letra. Sei que todo o que din está de acordo coa Biblia e ademais axúdanme a estar centrado nos asuntos espirituais”.

 Delia, unha irmá de Suráfrica, explica como a fan sentir as cancións: “Sonche un salvavidas espiritual para min. Cando estou triste ou enfronto un problema sempre hai unha canción que me axuda nesa situación. A miúdo, con só escoitar a melodía, mellora o meu estado de ánimo”.

 Para moitos, estas cancións están entre as súas favoritas. Lerato, unha irmá que vive en Suráfrica, di: ”As cancións Non quedaba nada e O novo mundo que virá fanme sentir coma se lle estivese dando a benvida á miña nai cando volva a vivir. Cada vez que escoito estas cancións, véxoa correndo cara min cos brazos abertos”.

 Unha destas cancións axudoulle moito a unha adolescente de Sri Lanka. Ela comenta: “Por ser testemuña de Xehová, a miña profesora de ciencias díxome cousas desagradables diante de toda a clase. Asusteime e non souben que dicir. Cando cheguei á casa, a miña nai animoume a escoitar a canción Fuerte tú serás. A canción axudoume a ver que necesitaba investigar e prepararme para responderlle. Ó día seguinte falei coa miña profesora. Ela escoitoume e díxome que agora entendía mellor as miñas crenzas. Doulle moitas grazas á organización de Xehová por facer estas cancións tan animadoras”.

 De onde veñen os cartos para facer estas cancións? Das doazóns para a obra mundial, moitas das cales se fan a través de donate.pr418.com. Graciñas polas túas xenerosas doazóns.