COMO SE USAN AS TÚAS DOAZÓNS
Defendemos a liberdade relixiosa en comunidades indíxenas
1 DE MAIO DE 2021
Entre os centos de millóns de persoas que viven en América Latina, hai millóns que teñen as súas propias linguas e costumes indíxenas. Moitos dos nosos irmáns viven nestas comunidades e valoran a súa cultura. Para axudarlles ás persoas a aprender a verdade da Biblia, tradúcense e distribúense publicacións das testemuñas de Xehová en máis de 130 idiomas indíxenas de América Latina. a Con todo, moitos dos nosos irmáns enfrontáronse a oposición por servir a Xehová e negarse a participar en costumes locais que van en contra do que ensina a Biblia. Como se usaron as túas doazóns para axudarlles?
Axudámoslles a volver á casa
Os nosos imáns que viven nunha comunidade Huichol nas montañas de Xalisco (México), negáronse con moito respecto a participar en actividades relixiosas que ían en contra do que di a Biblia. b Isto enfadou a algunhas persoas da comunidade. O 4 de decembro de 2017, un grupo de xente violenta atacou a unhas testemuñas de Xehová e algunhas persoas que estaban con elas. Este grupo violento expulsounos pola forza da súa comunidade, destruíu as súas propiedades e ameazou con matar a calquera que intentara volver.
As testemuñas de Xehová de lugares próximos déronlles ós nosos irmáns todo o que precisaban. Pero, que se podería facer para que volveran as súas casas? Un irmán que se chama Agustín explica: “Non tiñamos suficientes cartos para contratar a un avogado e non sabiamos onde atopar axuda legal”.
Xa que a liberdade relixiosa dos nosos irmáns estaba en perigo, a sucursal de América Central púxose mans a obra. Primeiro, pedíronlles ás autoridades locais que investigaran estes delitos. Despois, o Comité de Coordinadores do Consello Reitor das Testemuñas de Xehová, aprobou que a sucursal traballase co Departamento Legal da sede central e que presentasen unha demanda en nome dos nosos irmáns da comunidade Huichol. Co tempo, o caso chegou á Suprema Corte de Xustiza da Nación, o máis alto tribunal de México.
Un equipo internacional de avogados preparou un discurso no que explicaba que ó igual que outras persoas deben respectar a cultura de comunidades indíxenas, as propias comunidades deben respectar e protexer as liberdades de todos os seus membros. Os dereitos humanos non teñen fronteiras.
O 8 de xullo de 2020, a Suprema Corte de Xustiza resolveu por unanimidade a favor das testemuñas de Xehová. Mandaron que se lles permitise regresar á súa comunidade a todos os que foran expulsados dela. Agustín, de quen falamos antes, expresa o agradecemento en nome de todos: “Estamos moi agradecidos e felices polo que os irmáns fixeron por nós. Non sabemos que sería de nós sen a axuda dos nosos irmáns”.
“Tanto para tan poucos”
Algo semellante lles pasou ós irmáns de San Juan de Ilumán (Ecuador), unha aldea no val de Otavalo, na que viven moitos pobos indíxenas. No ano 2014, despois de conseguir todos os permisos necesarios, comezaron a construír o Salón do Reino. Pero, un sacerdote mobilizou a máis de 100 persoas e obrigaron os irmáns a deter a construción. Ademais, a comunidade ordenou ás testemuñas de Xehová que deixaran de ter as súas reunións.
Os departamentos de Asuntos Legais da sucursal de Ecuador e da sede central colaboraron xuntos para defender a congregación deste ataque contra a súa liberdade de culto. Os nosos irmáns levaron o asunto ó tribunal. Isto fixo que a comunidade deixara de opoñerse ós irmáns e permitiulles reunirse de novo e acabar de construír o Salón do Reino. Pero, para protexer os dereitos dos nosos irmáns no futuro, os nosos representantes pediron ós tribunais superiores que tomaran medidas para resolver unha cuestión moi importante. Deben as comunidades indíxenas respectar os dereitos humanos internacionais?
O 16 de xullo de 2020, a Corte Constitucional de Ecuador, o tribunal con máis autoridade do país, atendeu o caso. Os representantes da congregación foron irmáns de Ecuador que son avogados. Ademais, con eles, había catro irmáns avogados que son expertos en casos internacionais. Debido as restricións pola COVID-19, reuníronse dende varios países por videoconferencia. Esta é a primeira vez que un tribunal permite que un equipo legal que representa as testemuñas de Xehová presente o caso deste xeito. c O equipo de representantes, fixo referencia ás autoridades legais internacionais para confirmar que unha persoa non deixa de ter dereitos humanos simplemente por pertencer a unha comunidade indíxena.
Os nosos irmáns do val de Otavalo esperan con moitas ganas a decisión da Corte Constitucional e están moi agradecidos pola axuda que recibiron. César, un ancián da congregación Ilumán Quichua di: “Só Xehová, a través da súa organización, faría tanto por tan poucos”.
Os avogados que representaron e asesoraron os nosos irmáns eran testemuñas de Xehová e están felices de compartir as súas habilidades de maneira gratuíta. Aínda así, presentar estes casos, preparalos e defendelos no tribunal, require tempo e cartos. Os nosos avogados e outros irmáns pasaron máis de 380 horas preparando o caso de México e outras 240 horas traducindo documentos. Case corenta avogados de todo o mundo dedicaron centos de horas ó caso de Ecuador. Como foi posible cubrir todos os gastos necesarios para defender os nosos irmáns? Grazas ás doazóns que fas a través dos diferentes métodos que atopamos en donate.pr418.com. Moitas grazas pola túa xenerosidade.
a As testemuñas de Xehová tamén traducen a moitos idiomas de América Latina de influencia indoeuropea e a varias linguaxes de signos que son únicas da rexión.
b Ás persoas da comunidade Huichol tamén se lles coñece como Wixáritari, e ó seu idioma como Wixárika.
c Aínda que a nosa organización mundial non era parte do caso, os xuíces permitiron que os nosos irmáns estiveran presentes como amicus curiae, é dicir, amigos do tribunal.