Ir ó contido

Ir ó índice

COMO SE USAN AS TÚAS DOAZÓNS

Instalacións que honran o noso Gran Instrutor

Instalacións que honran o noso Gran Instrutor

1 DE XULLO DE 2023

 A Xehová encántalle educar o seu pobo. Como resultado, a súa organización creou diferentes cursos para capacitar os estudantes para cumprir coas súas asignacións. Un deses cursos é o Curso para Evanxelizadores do Reino (CER). Durante os últimos anos, a organización de Deus estivo pendente non só dos temarios dos cursos, senón tamén das instalacións onde se imparten. É por iso que un dos obxectivos principais é mellorar o lugar de ensino tanto para os estudantes como para os instrutores.

Máis estudantes en lugares máis cómodos

 Por moitos anos, os cursos teocráticos celebráronse en Salóns do Reino e Salóns de Congresos. Entón, por que construímos ou renovamos varios edificios recentemente que agora só se usan para cursos teocráticos? Por tres razóns:

 Necesítase máis axuda. Christopher Mavor, un dos axudantes do Comité de Servizo do Consello Reitor, explica: “As sucursais informaron que necesitan a axuda de máis irmáns e irmás. Por exemplo, en 2019 a sucursal do Brasil calculou que se necesitaban uns 7.600 irmáns e irmás graduados máis do Curso para Evanxelizadores do Reino para coidar das necesidades do territorio que atende a sucursal”. A sucursal dos Estados Unidos informa que existe unha gran necesidade de pioneiros capacitados que poidan preparar a outros na predicación pública especial en áreas metropolitanas, así como en portos e en centros penitenciarios. Ademais, necesítanse irmáns no Departamento Local de Deseño e Construción e nos Comités de Enlace cos Hospitais. Os graduados do Curso para Evanxelizadores do Reino poden axudar a cubrir calquera destas necesidades.

 Aumentou o número de solicitudes. Moitas sucursais recibiron máis solicitudes de estudantes das que poden aceptar na actualidade. Por exemplo, a sucursal do Brasil recibiu unhas 2.500 solicitudes para o Curso de Evanxelizadores do Reino nun só ano, pero por falta de espazo soamente puideron asistir 950 alumnos ó curso.

 Necesítase aloxamento axeitado. Cando os estudantes asisten ó curso nun Salón do Reino ou nun Salón de Congresos, normalmente quedan aloxados en casas de irmáns e irmás da zona. Isto é moi práctico en lugares onde non hai moitos cursos ó ano, pero onde hai máis quizais non sexa posible que os publicadores locais poidan aloxar os estudantes tantos meses ó ano. Por esa razón, póñense á disposición dos estudantes lugares especialmente deseñados para eles onde poidan aloxarse cerca da clase.

 Unhas instalacións cunha aula para as clases, con aloxamento para os instrutores e para arredor de 30 estudantes, e con áreas para outros servizos, poden custar varios millóns de dólares, dependendo de onde estean e outros factores.

Características das instalacións para un curso

 Normalmente, as clases teñen lugar en sitios tranquilos nas aforas dunha cidade, pero cerca de lugares onde chegue o transporte público. Dáse preferencia a zonas onde haxa suficientes publicadores que poidan botar unha man co que se necesite durante o curso, así como co mantemento dos edificios e doutro equipamento.

 As instalacións están equipadas con bibliotecas, zonas para estudar, ordenadores, impresoras e outros accesorios. A miúdo hai un comedor onde os estudantes e os instrutores poden comer xuntos. Tamén hai espazo suficiente para facer exercicio e relaxarse.

 Ademais, preparamos as aulas con moito coidado. Troy, que traballa co Departamento Global de Deseño e Construción en Warwick (Nova York), explica: “Pedímoslle ó Departamento de Cursos Teocráticos que nos axudase a deseñar as aulas para que ós estudantes lles fose máis fácil aprender. Os irmáns déronnos pautas sobre o tamaño e a distribución das aulas, así como a iluminación e o equipo necesario para o audio e o vídeo”. Falando do equipo de audio, Zoltán, un instrutor do Curso para Evanxelizadores do Reino en Hungría, comenta: “Ó principio non tiñamos micrófonos, así que a miúdo tiñamos que recordarlles ós estudantes que falasen máis alto. Pero agora hai un micrófono en cada mesa, así que problema resolto!”.

“Invitados especiais de Xehová”

 Que efecto tivo a mellora das instalacións nos instrutores e nos estudantes? Ángela, unha estudante do Curso para Evanxelizadores do Reino en Palm Coast (Florida, EEUU), di: “É un lugar moi tranquilo. Todo está moi ben pensado para que poidamos centrarnos en estudar e aprender, incluída a aula e os nosos cuartos”. Csaba, un instrutor de Hungría, valora moito poder comer cos estudantes. Falando deses momentos, el explica: “Os estudantes a miúdo nos contan máis cousas sobre eles e das súas vivencias. Como resultado, podemos aplicar mellor o temario ás súas necesidades”.

 Os estudantes e os instrutores ven tódalas melloras que se fixeron ás instalacións onde se celebra o curso como unha bendición do noso “Grande Instrutor”, Xehová (Isaías 30:20, 21, TNM). Unha irmá de Filipinas que asistiu ó Curso para Evanxelizadores do Reino nunhas instalacións que foron remodeladas, dixo: “Estas instalacións recórdannos que non somos só estudantes, senón invitados especiais de Xehová. El quere que desfrutemos ó mesmo tempo que estudamos a fondo a súa Palabra”.

 As instalacións para as clases poden construírse, renovarse e manterse grazas ás túas doazóns, moitas delas feitas a través de donate.pr418.com. Moitísimas grazas pola túa xenerosidade.

Entrada ás instalacións en Palm Coast (Florida, EEUU).

Maqueta do templo en tempos de Xesús, no vestíbulo das instalacións de Palm Coast (Florida, EEUU).

Chegada duns irmáns para o Curso para Evanxelizadores do Reino no Brasil.

Un grupo de estudantes durante unha clase no Brasil.

Chegada duns estudantes ó Curso para Evanxelizadores do Reino en Filipinas.

Un grupo de irmáns desfrutando dunha comida no comedor dunhas instalacións para o Curso para Evanxelizadores do Reino en Filipinas.