Ir ó contido

Ir ó índice

COMO SE USAN AS TÚAS DOAZÓNS

Noticias nas que podemos confiar e que fortalecen a fe

Noticias nas que podemos confiar e que fortalecen a fe

1 DE DECEMBRO DE 2021

 As testemuñas de Xehová preocúpanse moito polos seus irmáns (1 Pedro 2:17). Moitos de nós sentímonos como Tannis, unha irmá de Kenya, que di: “Gústame saber o que lles pasa ós meus queridos irmáns arredor do mundo”. De onde pode Tannis e outros millóns de irmáns sacar esta información? Dende o 2013 podemos facelo a través da sección “Prensa” da nosa páxina web en español, jw.org.

 Na sección “Prensa” podemos atopar noticias fiables sobre as testemuñas de Xehová. Estas noticias están relacionadas con novas traducións da Biblia, labores de socorro, proxectos de construción e outros sucesos importantes. Tamén podemos atopar noticias sobre os nosos irmáns que están en prisión pola súa fe. Ademais, esta sección contén noticias animadoras sobre as campañas de predicación e sobre a Conmemoración. Quen se encarga de investigar estes novos artigos e como se preparan?

Como seleccionamos e publicamos as noticias

 A Oficina de Información Pública (OIP) xestiona a sección “Prensa”. Este departamento está situado na sede central e traballa baixo a dirección do Comité de Coordinadores do Consello Reitor. A OIP está formada por máis de 100 irmáns, incluíndo escritores, investigadores, tradutores e outros. Moitos deles son voluntarios remotos. Tamén hai irmáns que contactan con funcionarios do goberno, profesores e medios de comunicación. A OIP conta coa axuda de máis de 80 Seccións de Información Pública (SIP) en sucursais por todo o mundo.

 Para preparar unha noticia, a OIP colabora coa SIP. Cando os nosos irmáns atopan unha historia interesante, investigan o tema e recompilan información fiable. Isto pode incluír facer unha entrevista ou mesmo falar cun experto. Despois de que se recompilen os feitos, redáctase a noticia, edítase, revísase, ilústrase con fotos e envíase ó Comité de Coordinadores para que a aprobe.

Palabras de agradecemento

 Como se senten os nosos irmáns ó ler a sección “Prensa”? Cheryl, unha irmá de Filipinas, di: “Encántame comezar o día lendo as noticias sobre a organización de Xehová e o seu pobo”.

 Moitos lectores comentan as diferenzas que ven entre a sección “Prensa” de jw.org e as noticias dos medios de comunicación. Tatiana, unha irmá de Kazakhistán, di: “Encántanme as noticias de jw.org porque podo confiar nelas e son obxectivas”. Unha irmá de México chamada Alma di: “Comparada coas malas noticias que escoitamos nos medios de comunicación, a sección ‘Prensa’ é moi animadora”.

 A sección “Prensa” non só é fiable senón que tamén fortalece a nosa fe. Bernard, en Kenya, di: “A sección ‘Prensa’ axudoume a ver os irmáns arredor do mundo como a miña familia, sen importar onde estean. Agora podo incluír os seus nomes e problemas nas miñas oracións”. Unha irmá chamada Bybron, tamén de Kenya, di: “Emociónome cando vexo un artigo que fala da presentación da Biblia noutro idioma! Estes artigos recórdanme que Xehová non é parcial”.

A sección “Prensa” axúdanos a ser específicos cando oramos polos desafíos que enfrontan os nosos irmáns por todo o mundo.

 Mesmo as noticias que falan dos irmáns que son perseguidos poden ter un efecto positivo. Jackline, de Kenya, di: “Pensar no valor que demostraron fortalece a miña fe. Sempre intento ver o que lles axudou a aguantar. Aprendín que as cousas que nos parecen simples, como orar, ler a Biblia e incluso cantar, son moi importantes para fortalecer a fe dos nosos irmáns”.

 Unha irmá de Costa Rica que se chama Beatriz aprecia os artigos que informan sobre os desastres naturais. Ela di: “A sección ‘Prensa’ permíteme ver como a nosa organización cobre as necesidades dos nosos irmáns dunha forma rápida, eficiente e amorosa. Isto convénceme de que é a organización de Xehová”.

 Canto agradecemos ter noticias actualizadas sobre os nosos irmáns de todo o mundo. Isto non sería posible sen as doazóns que fas á obra mundial, moitas das cales se fan a través de donate.pr418.com. Graciñas polas túas xenerosas doazóns!