Ir ó contido

Ir ó índice

Para o drama bíblico introducíronse máis de 27.500 quilos de pedra moída no estudio de Mount Ebo.

COMO SE USAN AS TÚAS DOAZÓNS

Prodúcense vídeos para o Congreso Rexional 2020 Estade sempre alegres!

Prodúcense vídeos para o Congreso Rexional 2020 Estade sempre alegres!

10 DE AGOSTO DE 2020

 Os vídeos dos nosos congresos rexionais chégannos ó corazón e axúdannos a comprender mellor as ensinanzas da Biblia. O programa do Congreso Rexional 2020 Estade sempre alegres! ten 114 vídeos, incluídos os 43 discursos dos membros do Consello Reitor e os seus axudantes. Gustaríache saber canto esforzo e diñeiro se precisaron para producir estes vídeos?

 Case novecentos irmáns de todo o mundo ofreceron de xeito voluntario o seu tempo e capacidades para producilos. En total empregaron neste proxecto case cen mil horas durante un período de dous anos. Isto inclúe as 70.000 horas utilizadas tan só para producir o drama bíblico de 76 minutos de duración titulado Nehemías: A felicidade que vén de Xehová é a nosa fortaleza.

 Como ben podes imaxinar, houbo un importante custo monetario para manter a estes voluntarios tan sacrificados, así como para toda a infraestrutura técnica, o equipamento e as instalacións necesarias para completar este proxecto.

 Jared Gossman, quen traballa no departamento de Servizos de Audiovisuais, di: “O Comité de Ensino do Consello Reitor está moi interesado en incluír nos vídeos unha gran diversidade cultural e paisaxística. Este enfoque permite reflectir con precisión que a nosa é unha irmandade mundial. Para cumprir con este obxectivo, traballaron xuntos 24 equipos en 11 países diferentes. Un proxecto internacional coma este esixe moitos recursos, moita planificación e moita coordinación”.

 Producir moitos dos nosos vídeos require equipamento e decorados específicos. Por exemplo, para a gravación do drama bíblico Nehemías: A felicidade que vén de Xehová é a nosa fortaleza foi preciso construír decorados no estudio de Mount Ebo, preto de Patterson (Nova York, Os Estados Unidos). Para aproveitar ó máximo as doazóns e darlle á filmación unha aparencia histórica exacta, os irmáns construíron en material lixeiro as pezas necesarias para imitar as antigas murallas de Xerusalén. Cada estrutura consistía nun marco de madeira de 6 metros de alto recuberto dunha espuma polímera e con acabados que imitaban a pedra. Estas “murallas” podían moverse e adaptarse para diferentes escenas. Deste xeito reduciuse o número de escenarios a empregar. Así e todo, necesitáronse case cen mil dólares para construír os escenarios deste drama bíblico. a

 Sen dúbida, coñecer estes detalles aumenta o noso agradecemento polo programa do congreso rexional deste ano. Estamos seguros de que todo o esforzo envolto en producir este programa moverá a moitos a louvar a Xehová dende tódalas partes do mundo. Moitas grazas polas túas xenerosas doazóns á obra mundial a través de donate.pr418.com e doutros medios.

a Os decorados para o drama bíblico Nehemías: A felicidade que vén de Xehová é a nosa fortaleza fixéronse antes da pandemia da COVID-19. Daquela non se precisaba gardar distanciamento físico.