Ir ó contido

Ir ó índice

Esquerda: furacán Ian, Florida (EEUU), setembro de 2022 (Sean Rayford/Getty Images); centro: unha nai e o seu fillo sendo evacuados, Donetsk (Ucraína), xullo de 2022 (Alex Chan Tsz Yuk/SOPA Images/LightRocket via Getty Images); dereita: probas da COVID-19 en masa, Pequín (A China), abril de 2022 (Kevin Frayer/Getty Images)

ESTADE SEMPRE VIXIANTES!

2022: Un ano cheo de problemas. O que di a Biblia

2022: Un ano cheo de problemas. O que di a Biblia

 Durante o 2022 houbo moitísimas noticias sobre guerras, problemas económicos e desastres medioambientais. Só a Biblia explica o que significan en realidade estes sucesos.

O verdadeiro significado do que sucedeu no 2022

 O que pasou durante este ano demostra máis claramente que estamos vivindo no que a Biblia chama os “días derradeiros”, ou últimos días (2 Timoteo 3:1). Este período de tempo comezou no ano 1914. Fíxate en como os sucesos actuais coinciden co que a Biblia predixo para o noso tempo:

 “Guerras” (Mateo 24:6).

  •   “O 2022 foi o ano no que o horror da guerra volveu a Europa.” a

 Mira o artigo “Rusia invade Ucraína”.

 “Fame” (Mateo 24:7).

  •   “2022: Un ano de fame sen precedentes.” b

 “Pestes” (Lucas 21:11).

  •   “A polio volveu a aparecer, a varíola do mono converteuse nun gran problema e a COVID-19 segue facendo moito dano. Todo isto deixou claro o perigosas que son as enfermidades contaxiosas e o vulnerables que somos os seres humanos.” c

 “Cousas espantosas” (Lucas 21:11).

  •   “Ondas de calor, secas, incendios forestais e inundacións. Sen dúbida, o verán do 2022 será recordado polos moitos fenómenos meteorolóxicos extremos que houbo. Estes fenómenos causaron moita destrución, acabaron coa vida de miles de persoas e fixeron que millóns de persoas de todo o mundo perdesen os seus fogares.” d

 “Desordes [ou disturbios, revoltas]” (Lucas 21:9).

  •   “O enfado da xente polos problemas económicos, especialmente por causa do aumento da inflación, fixo que durante o 2022 houbese grandes protestas contra os gobernos.” e

Que ocorrerá o ano que vén?

 Ninguén pode saber con seguridade o que pasará no ano 2023. O que si sabemos é que o Reino de Deus, un goberno celestial, pronto fará grandes cambios por toda a Terra (Daniel 2:44). Este goberno acabará con todo o que fai sufrir as persoas e asegurarase de que se faga a vontade de Deus na Terra (Mateo 6:9, 10).

 Animámoste a seguir o consello de Xesús de estar sempre alerta para ver como os acontecementos mundiais cumpren as profecías da Biblia (Marcos 13:37). Se o desexas, contacta con nós para saber como a Biblia pode axudarche xa agora, e tamén darche a ti e á túa familia a esperanza real de que haberá un futuro mellor.

a AP News, “2022 Was Year the Horror of War Returned to Europe”, de Jill Lawless, 8 de decembro de 2022.

b World Food Programme, “A Global Food Crises.”

c JAMA Health Forum, “Living in an Age of Pandemics—From COVID-19 to Monkeypox, Polio, and Disease X”, de Lawrence O. Gostin, JD, 22 de setembro de 2022.

d Earth.Org, “What’s Behind the Record-Breaking Extreme Weather Events of Summer 2022?”, de Martina Igini, 24 de outubro de 2022.

e Carnegie Endowment for International Peace, “Economic Anger Dominated Global Protests in 2022”, de Thomas Carothers e Benjamin Feldman, 8 de decembro do 2022.