ESTADE SEMPRE VIXIANTES!
A saúde mental dos adolescentes está empeorando. O que di a Biblia
O luns 13 de febreiro de 2023, os Centros para el Control y la Prevención de Enfermedades (CDC, polas súas siglas en inglés) dos Estados Unidos publicaron un informe sobre a saúde mental dos adolescentes estadounidenses. Nel indicábase que máis do 40% dos estudantes de secundaria experimentaron tristeza e falta de esperanza durante períodos longos de tempo.
A Dra. Kathleen Ethier, directora da División de Salud de Adolescentes y Salud Escolar (DASH, polas súas siglas en inglés) dos CDC, declarou: “Aínda que nos últimos 10 anos observamos un empeoramento na saúde mental dos máis novos, a saúde mental das rapazas adolescentes agora é peor ca nunca, e cada vez hai máis que teñen pensamentos e comportamentos suicidas”.
O informe sinalaba o seguinte:
Máis de 1 de cada 10 rapazas adolescentes (14%) foron obrigadas a ter relacións sexuais cando elas non querían. A Dra. Ethier afirma: “Isto é realmente alarmante. Por cada 10 rapazas adolescentes que coñeces, polo menos unha delas —e probablemente máis— foi violada”.
Case 1 de cada 3 rapazas adolescentes (30%) pensou seriamente na posibilidade de suicidarse.
Case 3 de cada 5 rapazas adolescentes (57%) sentíronse constantemente tristes ou sen esperanza.
Estes datos son moi tristes. A xuventude debería ser unha época de alegría e felicidade. Que pode axudarlles ós adolescentes a controlar o estrés ó que se enfrontan hoxe en día? Que di a Biblia?
A Biblia contén ideas prácticas para axudarlles ós adolescentes
A Biblia describe de maneira realista a vida tan estresante que temos na actualidade. De feito, di que vivimos en “tempos críticos e difíciles de soportar” (2 Timoteo 3:1-5, TNM). Pero a Biblia tamén contén consellos que non pasan de moda e que xa están axudando a millóns de adolescentes de todo o mundo a superar con éxito os retos ós que se enfrontan. Bótalle unha ollada ós seguintes artigos baseados na Biblia.
Axuda para adolescentes con pensamentos suicidas
Axuda para adolescentes con depresión, tristeza ou sentimentos negativos
Como superar a tristura? (taboleiro animado)
Axuda para adolescentes que están sufrindo acoso escolar ou por Internet
Podes vencer o acoso sen devolver o golpe! (taboleiro animado)
Axuda para adolescentes que están sufrindo acoso ou agresións sexuais
¿Qué debes saber sobre las agresiones sexuales? Primera parte: Precauciones que deberías tomar
¿Qué debes saber sobre las agresiones sexuales? Segunda parte: Cómo puedes recuperarte
A Biblia contén ideas prácticas para axudarlles ós pais
A Biblia tamén ten bos consellos para que os pais poidan axudarlles ós seus fillos adolescentes a afrontar os problemas da vida. Bótalle unha ollada ós seguintes artigos baseados na Biblia.