Ir ó contido

Ir ó índice

Equipamento militar: Anton Petrus/Moment via Getty Images; cartos: Wara1982/iStock via Getty Images Plus

ESTADE SEMPRE VIXIANTES!

Gastáronse billóns de cartos nas guerras. Pero, cal é o custo real?

Gastáronse billóns de cartos nas guerras. Pero, cal é o custo real?

 As guerras teñen un custo moi alto.

  •   “No último ano os gobernos de todo o mundo gastaron uns 2,2 billóns de dólares [uns 2 billóns de euros] en distintas guerras. Nunca antes se gastara esta cantidade de cartos nun ano” (The Washington Post, 13 de febreiro de 2024).

 O custo inclúe moito máis que cartos. Vexamos un exemplo: a guerra en Ucraína.

  •   Soldados. Algúns expertos cren que morreron ou resultaron feridos uns 500.000 soldados dende que empezou a guerra hai dous anos.

  •   Civís. Segundo a Organización das Nacións Unidas, morreron ou resultaron feridas máis de 28.000 persoas. Aínda así, un alto cargo da ONU dixo: “É imposible calcular o custo total de vidas arruinadas nesta terrible guerra”. a

 A cantidade de persoas que sofren arredor do mundo por culpa da guerra e dos conflitos é inmensa.

  •   114 millóns. Número de persoas que se viron obrigadas a deixar os seus fogares debido á guerra e á violencia en todo o mundo dende setembro de 2023.

  •   783 millóns. Número de persoas que non teñen o suficiente para comer. “A guerra segue sendo a causa máis grande de fame no mundo. O 70 % das persoas que pasan fame viven en zonas afectadas pola guerra e a violencia” (Programa Mundial de Alimentos).

 Acabarase algún día a guerra? Conseguiremos ter verdadeira paz? Chegará o momento no que ninguén sexa pobre e todo o mundo teña suficiente comida e poida desfrutar do que produce a terra? Que di a Biblia?

Unha época de guerras

 A Biblia predixo que habería guerras en todo o mundo, e descríbeas simbolicamente cun xinete nun cabalo.

  •   “E saíu outro cabalo vermello. Ó seu cabaleiro déuselle poder de quita-la paz da terra e facer que se degolen uns ós outros e déuselle tamén unha espada grande” (Apocalipse 6:4).

 A este xinete simbólico ségueno outros dous que representan a fame no mundo e a morte debido ás enfermidades ou outras causas (Apocalipse 6:5-8). Para aprender máis sobre esta profecía bíblica e por que podemos estar seguros de que se está cumprindo nos nosos días, le o artigo dispoñible en español “¿Qué representan los jinetes del Apocalipsis?”.

Un futuro de paz

 Moi pronto xa non se usarán na guerra os recursos da Terra. Pero isto non será grazas ós esforzos humanos. A Biblia di:

  •   Deus acabará “coas guerras por toda a terra” (Salmo 46:9, TNM).

  •   Deus eliminará os efectos causados pola guerra. “Enxugará tódalas bágoas dos seus ollos, e a morte xa non existirá máis. Nin haberá máis loito nin pranto nin dor, porque as primeiras cousas pasaron xa” (Apocalipse 21:4).

  •   Deus fará posible que todo o mundo viva en paz para sempre. “Entón o meu pobo vivirá nun campo de paz, en casas seguras e en mansións tranquilas” (Isaías 32:18).

 De acordo coa profecía bíblica, as guerras e outros acontecementos que vemos na actualidade indican que esta época de paz está moi cerca.

 Como fará posible Deus este futuro pacífico? Farao por medio do seu Reino ou goberno celestial (Mateo 6:10). Para saber que é este Reino e o que significa para ti, mira o vídeo Que é o Reino de Deus?

a Miroslav Jenca, subsecretario xeral de Europa da ONU, 6 de decembro de 2023.