Ir ó contido

Ir ó índice

Esquerda: Yasser Qudaih/Anadolu via Getty Images; dereita: RONALDO SCHEMIDT/AFP via Getty Images

ESTADE SEMPRE VIXIANTES!

Cando rematarán os conflitos violentos? O que di a Biblia

Cando rematarán os conflitos violentos? O que di a Biblia

 “Agora é o momento de calmar e reducir a tensión. Agora é o momento de demostrar autocontrol”, dixo António Guterres, Secretario Xeral das Nacións Unidas, en relación co ataque de Irán a Israel o sábado 13 de abril de 2024.

 O conflito en Oriente Próximo é tan só un exemplo de algo que está pasando por todo o mundo.

 “O mundo enfróntase ó número máis alto de conflitos violentos dende a Segunda Guerra Mundial. Dous mil millóns de persoas, unha cuarta parte da humanidade, están afectadas” (Consello de Seguridade das Nacións Unidas, 26 de xaneiro de 2023).

 Os lugares que están envoltos en conflitos violentos inclúen Israel, Gaza, Siria, Acerbaixán, Ucraína, O Sudán, Etiopía, Níxer, Myanmar e Haití. a

 Cando rematarán os conflitos violentos? Poden conseguir a paz os líderes mundiais? Que di a Biblia?

Un mundo en guerra

 Os conflitos mundiais de hoxe en día son un sinal de que pronto rematarán tódalas guerras. Estas guerras cumpren unha profecía bíblica sobre o tempo no que vivimos. A Biblia chámalle a este tempo a “parte final do sistema” (Mateo 24:3).

  •   “Ides oír falar de guerras e escoitaredes noticias de guerras [...]. As nacións loitarán unhas contra outras e os reinos pelexarán uns contra outros.” (Mateo 24:6, 7).

 Le o artigo “Cal é o sinal dos últimos días ou dos ‘días derradeiros’?” para ver como as guerras actuais cumpren as profecías da Biblia.

Unha guerra que rematará con tódalas guerras

 A Biblia predí a fin dos conflitos humanos. Como ocorrerá? Non será grazas ós esforzos das persoas, senón por medio do Armaxedón, “a guerra do día grande do Deus que todo o sostén” (Apocalipse 16:14, 16). Esta guerra abrirá o camiño para que Deus cumpra a súa promesa de que a humanidade desfrute de paz duradeira (Salmo 37:10, 11, 29).

 Para aprender máis da guerra de Deus que rematará con tódalas guerras, le o artigo “Que é a guerra de Harmaguedón?”.

a ACLED Conflict Index, “Ranking violent conflict levels across the world”, xaneiro de 2024.