Ir ó contido

Ir ó índice

Ter amigos axúdanos a combater a soidade. Como nos pode axudar a Biblia

Ter amigos axúdanos a combater a soidade. Como nos pode axudar a Biblia

 A loita contra a soidade chegou a ser unha prioridade sanitaria a nivel mundial no 2023. Pódese ganar esta batalla?

  •   O doutor Vivek Murthy, cirurxián xeral dos Estados Unidos, explica: “A soidade e o illamento representan grandes ameazas para a nosa saúde e benestar. Pero temos a capacidade para responder”. De que maneira? El engade: “Dando pequenos pasos tódolos días para fortalecer as nosas relacións”. a

 Estar illados non é a única razón para sentirse sós. Moitas persoas séntense soas a pesar de estar rodeadas de xente. Agora ben, sen importar o motivo da túa soidade, a Biblia pode axudarche. Contén consellos prácticos para facer máis fortes as túas amizades e así loitar contra a soidade.

Principios da Biblia que che poden axudar

 Sé un bo comunicador. Isto non só inclúe falar dos teus sentimentos, senón tamén saber escoitar. Canto máis te intereses polos demais, máis fortes serán as túas amizades.

  •   Principio bíblico: “Non mirar cada un polo que lle ten conta a el, senón tamén polo que llela ten ós outros” (Filipenses 2:4).

 Amplía o teu círculo de amizades. Podes facerte amigo de persoas de diferentes idades ou que teñan outra cultura ou nacionalidade.

  •   Principio bíblico: “Abride de par en par os vosos corazóns” (2 Corintios 6:13, TNM).

 Para máis información sobre como conseguir amizades fortes cos demais, le o artigo “Cómo saciar la sed de amistad”.

a Our Epidemic of Loneliness and Isolation: The U.S. Surgeon General’s Advisory on the Healing Effects of Social Connection and Community, 2023.