Ir ó contido

Ir ó índice

Justin Paget/Stone via Getty Images

A epidemia da soidade. Como podes superala?

A epidemia da soidade. Como podes superala?
  •   “Aproximadamente, a metade dos adultos que viven nos Estados Unidos din que se senten sós, e esta proporción aumenta entre os adultos máis novos” (Our Epidemic of Loneliness and Isolation: The U.S. Surgeon General’s Advisory on the Healing Effects of Social Connection and Community, 2023).

  •   “[A Organización Mundial da Saúde] anunciou que lle asignou a un grupo de persoas o traballo de investigar o tema da soidade como un problema de saúde urxente, animar as persoas a centrarse na importancia de relacionarse cos demais e encontrar mellores maneiras de tratar o tema da soidade en tódolos países, sen importar se son pobres ou ricos” (Organización Mundial da Saúde, 15 de novembro de 2023).

 A Biblia dános consellos prácticos para axudarnos a conseguir relacións saudables cos demais.

Principios bíblicos que che poden axudar

 Intenta facer menos actividades que te illen dos demais. Isto inclúe usar demasiado as redes sociais. En vez diso, busca oportunidades para relacionarte en persoa cos demais e facer bos amigos.

  •   Principio bíblico: “O verdadeiro amigo ama en todo momento e é un irmán en tempos de angustia” (Proverbios 17:17, TNM).

 Busca oportunidades para axudar a outros. Facer cousas boas polos demais non só fortalece a nosa relación con eles, senón que tamén nos axuda a sentirnos mellor.

  •   Principio bíblico: “Hai máis felicidade en dar que en recibir” (Feitos 20:35).

 Explora a nosa páxina web para encontrar máis información baseada na Biblia que che axude a conseguir mellores amizades.