Ir ó contido

Ir ó índice

ESTADE SEMPRE VIXIANTES!

Máis de 6 millóns de mortos pola COVID-19. O que di a Biblia

Máis de 6 millóns de mortos pola COVID-19. O que di a Biblia

 A día 23 de maio de 2022, segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), morreron 6,27 millóns de persoas pola COVID-19. Pero, nun comunicado de prensa publicado o 5 de maio de 2022, a OMS informou que o número de mortos podería ser moito maior. O comunicado dicía que durante o 2020 e o 2021 “o total de mortes relacionadas directa ou indirectamente coa pandemia da COVID-19 [...] foi aproximadamente de 14,9 millóns”. Di algo a Biblia sobre estas traxedias?

A Biblia predixo que habería pandemias terribles

  •    Xesús predixo que habería pestes ou epidemias de “enfermidades horribles” durante o período chamado “últimos días” (Lucas 21:11, Contemporary English Version; 2 Timoteo 3:1, TNM).

 A profecía de Xesús estase cumprindo na actualidade. Para máis información, podes ler o artigo “Cal é o sinal dos últimos días ou dos ‘días derradeiros’?”.

A Biblia dános consolo

  •    O “Deus de toda consolación [...] anímanos en tódalas nosas mágoas” (2 Corintios 1:3, 4).

 Moitas persoas ás que lles morreron familiares ou amigos encontraron consolo na mensaxe da Biblia. Para saber máis, podes ler os artigos “Que podes facer para afrontar a dor” e “A mellor axuda para os que perderon un ser querido”.

A Biblia fala da solución definitiva

  •    “Veña o teu Reino, fágase a túa vontade así na terra coma no ceo” (Mateo 6:10).

 Grazas ó “Reino de Deus” dentro de moi pouco “ningún habitante dirá: ‘Estou enfermo’” (Marcos 1:14, 15; Isaías 33:24, TNM). Para saber máis sobre este goberno celestial e o que fará, podes ver o vídeo Que é o Reino de Deus?

 Animámoste a aprender máis sobre o que di a Biblia para que ti e a túa familia poidades beneficiarvos dos seus sabios consellos e das súas marabillosas promesas.