Ir ó contido

Ir ó índice

ESTADE SEMPRE VIXIANTES!

A guerra de Ucraína empeora a crise alimentaria

A guerra de Ucraína empeora a crise alimentaria

 O 19 de maio de 2022, máis de 75 oficiais de alto rango dixéronlle ó Consello de Seguridade das Nacións Unidas que “a guerra de Ucraína provoca que a crise alimentaria, que xa se vira afectada pola COVID-19 e polo cambio climático, se estea convertendo nunha gran fame mundial”. Pouco despois, o periódico The Economist declarou que “a guerra está levando este mundo fráxil a unha fame masiva”. A Biblia predixo que nos nosos días habería crises alimentarias coma esta e tamén nos axuda a facerlles fronte.

A Biblia predixo crises alimentarias

  •    Xesús profetizou: “Erguerase pobo contra pobo, reino contra reino; haberá fame” (Mateo 24:7).

  •    O libro bíblico de Apocalipse describe catro xinetes simbólicos. Un deles representa a guerra. Detrás del vai outro xinete que representa a fame, é dicir, unha época na que sería difícil conseguir comida e o seu prezo sería esaxerado. “Vin un cabalo negro, e o seu xinete levaba unha balanza na man. Oín o que parecía unha voz [...]. Dicía: ‘Un cuarto de trigo custará o salario dun día de traballo! Tres cuartos de cebada custarán o salario dun día de traballo’” (Apocalipse 6:5, 6, Contemporary English Version).

 Estas profecías da Biblia sobre as crises alimentarias estanse cumprindo agora, un tempo que a Biblia chama “últimos días” (2 Timoteo 3:1, TNM). Para saber máis sobre os “últimos días” e os catro xinetes do libro de Apocalipse, podes ver o vídeo O mundo cambiou de 1914 en diante e ler o artigo “¿Qué representan los jinetes del Apocalipsis?”.

Como nos axuda a Biblia

  •    A Biblia contén consellos prácticos que nos poden axudar a afrontar circunstancias difíciles, como a falta de alimentos e a subida dos prezos. Podes ver algunhas ideas no artigo “Cómo vivir con menos”.

  •    A Biblia tamén nos dá a esperanza de que as cousas mellorarán. Promete que chegará o día no que “abundará o trigo nos campos” e haberá comida dabondo para todo o mundo (Salmo 72:16). Para saber máis sobre a esperanza que dá a Biblia para o futuro e por que podemos confiar nela, podes ler o artigo “La esperanza real de un mañana mejor”.