Ir ó contido

Ir ó índice

ESTADE SEMPRE VIXIANTES!

Crise de refuxiados. Millóns de persoas escapan de Ucraína

Crise de refuxiados. Millóns de persoas escapan de Ucraína

 O 24 de febreiro de 2022, Rusia iniciou a invasión militar de Ucraína facendo que moitos civís escapasen do conflito. Isto provocou unha crise humanitaria moi grave. a

 Natalia de Khárkiv, Ucraína, conta: “Había bombas e explosións. Daba tanto medo que é difícil describilo con palabras. Cando soubemos que había trens de evacuación, decidimos marchar. Tivemos que deixalo todo, só nos deixaron levar unha mochila pequena coa documentación, medicamentos, auga e algo para comer. Deixamos todo o demais e fomos á estación de tren mentres caían as bombas”.

 Nadia de Khárkiv, Ucraína, di: “Ata o último momento, pensabamos que non habería unha guerra. Escoitei explosións nalgunhas partes da cidade e vibraron tódalas ventás. Saín de alí collendo só o necesario. Marchei da casa ás 8:00 da mañá, collín un tren a Lviv e logo un bus a Polonia”.

Neste artigo veremos o seguinte:

 Cal é a causa real desta crise de refuxiados?

 A crise dos refuxiados de Ucraína empezou debido á invasión militar rusa. Pero a Biblia revela as verdadeiras causas:

  •   Os gobernos humanos non conseguiron satisfacer as necesidades das persoas. Máis ben, os que teñen autoridade usan o seu poder para oprimir a xente (Eclesiastés 4:1, TNM; 8:9).

  •   Satanás o Demo, “o gobernante do mundo”, exerce unha influencia tan mala sobre a humanidade que a Biblia di que “o mundo enteiro está nas mans do Maligno” (Xoán 14:30, TNM; 1 Xoán 5:19).

  •   Ademais dos problemas que leva sufrindo a humanidade por séculos, na actualidade vivimos nun período de tempo que a Biblia chama os “días derradeiros” nos que habería “intres difíciles” (2 Timoteo 3:1). Tamén explica que eses días estarían marcados por guerras, desastres naturais, fame e pestes, cousas que fan que a xente teña que fuxir (Lucas 21:10, 11).

 Onde poden atopar esperanza os refuxiados?

 A Biblia describe o noso Creador, Xehová, b coma un Deus que sente amor e compaixón polos refuxiados e tódolos que tiveron que abandonar os seus fogares (Deuteronomio 10:18). O Reino de Deus substituirá tódolos gobernos humanos. Mediante este goberno, Xehová promete solucionar os problemas de todas estas persoas (Daniel 2:44; Mateo 6:10). Ademais, Deus usará o seu Reino para eliminar a Satanás, o Demo (Romanos 16:20). Este Reino gobernará sobre toda a Terra e eliminará as divisións que causa o nacionalismo. A humanidade chegará a ser unha soa familia unida. Nunca máis ninguén terá que deixar o seu fogar, xa que a Biblia promete: “Cada un sentará debaixo da súa parra e debaixo da súa figueira sen que ninguén o atemorice. Así falou a boca do Señor dos Exércitos” (Miqueas 4:4).

 Só o Reino de Deus pode solucionar para sempre as crises de refuxiados que vemos hoxe en día. Xehová usará o seu Reino para eliminar os problemas que obrigan as persoas a converterse en refuxiados. Vexamos algúns exemplos:

  •   As guerras. Xehová “acaba coas guerras” (Salmo 46:9, TNM). Para descubrir como vai acabar Deus coas guerras, podes ler o artigo “¿Cómo llegará a haber paz en la Tierra?”.

  •   A opresión e a violencia. Xehová librará as persoas “da inxuria e da opresión” (Salmo 72:14). Para saber como pode alguén vencer sentimentos negativos moi arraigados, le a serie de artigos titulada “Rompamos el ciclo del odio”.

  •   A pobreza. Falando de Xehová, a Biblia di: “El librará ó pobre que suplica” (Salmo 72:12). Para saber como Deus solucionará as causas da pobreza, le o artigo “Existirá algún sistema económico xusto?”.

  •   A fame. “Abundará o trigo nos campos” (Salmo 72:16). Se queres saber que fará Deus para eliminar a fame do mundo, le o artigo “¿Un mundo sin hambre?”.

 Pode a Biblia axudar os refuxiados nestes momentos?

 Si. A Biblia dálles ós refuxiados unha esperanza para o futuro e tamén lles axuda a superar os desafíos que afrontan agora.

 Principio bíblico: “O inxenuo dá creto ó que sexa, o asisado calcula os seus pasos” (Proverbios 14:15).

 Significado: Adiántate ós perigos que podes atopar e pensa en como podes protexerte. Hai persoas que intentan aproveitarse dos refuxiados porque se senten inseguros e son máis vulnerables. Así que ten moito coidado.

 Principio bíblico: “Contentémonos con ter para comer e para vestir” (1 Timoteo 6:8).

 Significado: Non te centres nas cousas materiais. Se estás contento co que tes, serás máis feliz.

 Principio bíblico: “Así que tratade á xente en todo conforme queredes que vos traten a vós, porque esta é a Lei e mailos Profetas” (Mateo 7:12).

 Significado: Sendo paciente e amable, gañarás o respecto e a aceptación das persoas do teu novo entorno.

 Principio bíblico: “Non volvades mal por mal a ninguén” (Romanos 12:17).

 Significado: Non deixes que a ira te leve a vingarte cando te traten mal. Só conseguirías empeorar as cousas.

 Principio bíblico: “Teño forzas para todo gracias a quen me fai forte” (Filipenses 4:13).

 Significado: Pon a Deus no primeiro lugar na túa vida e óralle. El pode darche as forzas que necesitas para afrontar os problemas.

 Principio bíblico: “Non desacouguedes por cousa ningunha. En todo presentádelle a Deus as vosas peticións con oracións de súplica e acción de gracias. E a paz de Deus, que supera toda intelixencia, custodiará os vosos corazóns e os vosos pensamentos” (Filipenses 4:6, 7).

 Significado: Pídelle a Deus paz mental e calma no teu corazón en calquera circunstancia na que te atopes. Para máis información, podes ler o artigo: “Filipenses 4:6, 7 | ‘No se inquieten por nada’”.

a O día seguinte á invasión, o Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR) asignoulle á crise o nivel máis alto de emerxencia. En menos de 12 días, máis de 2 millóns de refuxiados fuxiron de Ucraína ós países veciños, mentres outro millón de persoas desprazábase dentro do país.

b Segundo a Biblia, Xehová é o nome de Deus. Este nome tamén pode traducirse como Iavé (Isaías 42:8). Mira o artigo “Quen é Xehová?”.