Ir ó contido

Ir ó índice

YURI LASHOV/AFP via Getty Images

ESTADE SEMPRE VIXIANTES!

Os cristiáns e a guerra. O que di a Biblia

Os cristiáns e a guerra. O que di a Biblia

 Como se está a ver claramente no conflito de Ucraína, moitos líderes relixiosos cristiáns están promovendo activamente a guerra. Fíxate en como o clero está a apoiar os dous bandos:

  •   “Tódolos que están loitando para defender a súa Ucraína natal do agresor merecen grandes honores e toda a nosa gratitude [...]. Os nosos corazóns, oracións sinceras e apoio están sempre con vós” (Epifanio I, metropolita de Kiev, Jerusalem Post, 16 de marzo de 2022).

  •   “Este domingo, o líder da Igrexa Ortodoxa Rusa celebrou unha misa a favor dos soldados rusos na que fixo un chamamento para que defendesen o seu país ‘como só saben facer os rusos’, mentres Moscova continúa coa campaña militar en Ucraína” (Reuters, 3 de abril de 2022).

 Deberían os cristiáns participar nas guerras? Que di a Biblia?

Que di realmente a Biblia?

 A Biblia mostra que os verdadeiros seguidores de Xesucristo non se involucrarían nas guerras.

  •   “Volve a espada ó seu sitio, pois tódolos que levan espada pola espada perecerán” (Mateo 26:52).

     Se alguén apoia a guerra ou participa nela, de verdade estaría obedecendo as palabras de Xesús?

  •   “Douvos un mandamento novo: amádevos uns a outros; como eu vos amei, amádevos tamén entre vós. Nisto coñecerán todos que sóde-los meus discípulos: se vos tedes amor uns a outros” (Xoán 13:34, 35).

     Se alguén apoia a guerra, estaría demostrando a clase de amor que Xesús dixo que identificaría os seus discípulos, ou seguidores?

 Para máis información, mira o artigo “El cristianismo y la guerra: ¿son compatibles?”.

Os cristiáns e a guerra na actualidade

 É realista esperar que na actualidade os cristiáns non se involucren en guerras? Si. A Biblia predixo que no noso tempo, ó que lle chama os “últimos días”, habería persoas de tódalas nacións que seguirían as ensinanzas de Xesús. Falando desas persoas, di: “Nin aprenderán de novo a face-la guerra” (Isaías 2:2, 4).

 Moi pronto Xehová, a “o Deus da paz”, usará o seu goberno celestial para rescatar as persoas “da opresión e da violencia” (Filipenses 4:9; Salmo 72:14, TNM).

a Segundo a Biblia, Xehová é o nome de Deus. Este nome tamén pode traducirse como Iavé (Isaías 42:8).