Ir ó contido

Ir ó índice

Halfpoint Images/Moment via Getty Images

ESTADE SEMPRE VIXIANTES!

Un alto funcionario de sanidade advirte sobre os efectos prexudiciais das redes sociais nos rapaces. O que di a Biblia

Un alto funcionario de sanidade advirte sobre os efectos prexudiciais das redes sociais nos rapaces. O que di a Biblia

 O 23 de maio de 2023, un alto funcionario da sanidade dos Estados Unidos advertiu de que as redes sociais están afectando negativamente a moitos rapaces.

  •   “Aínda que algúns nenos e adolescentes se poden beneficiar de usar as redes sociais, hai moitos indicios de que tamén poden ser un gran perigo para a saúde mental e o benestar dos rapaces” (Social Media and Youth Mental Health: The U.S. Surgeon General’s Advisory, 2023).

 Este informe menciona estudios que dan razóns para estar preocupados.

  •   Os adolescentes de entre doce e quince anos “que pasan máis de tres horas ó día nas redes sociais, teñen o dobre de posibilidades de sufrir problemas de saúde mental, incluídos síntomas de depresión e ansiedade”.

  •   Cando os rapaces de catorce anos “usan moito as redes sociais, é máis probable que teñan problemas para durmir, que sufran acoso a través delas, que se sintan mal polo seu aspecto físico, que teñan baixa autoestima e que sexan máis propensos á depresión. Isto acentúase máis no caso das rapazas”.

 Como poden os pais protexer os seus fillos destes perigos? A Biblia dá consellos prácticos.

Que poden facer os pais?

 Valora os perigos. Como pai, valora os perigos e decide se o teu fillo debería usar as redes sociais ou non.

 Se lle deixas ó teu fillo usar as redes sociais, mantente alerta ós posibles perigos e supervisa as súas actividades en liña. Que podes facer?

 Protexe o teu fillo do contido prexudicial. Ensínalle ó teu fillo a identificar e evitar o contido prexudicial.

 Pon límites. Por exemplo, pon normas sobre cando e durante canto tempo podería usar o teu fillo as redes sociais.

  •   Principio Bíblico: “Mirade, logo, con tino como camiñades: [...] coma sensatos, aproveitando ben este tempo” (Efesios 5:15, 16).

  •   Utiliza o vídeo do taboleiro animado Se enredas coas redes, non te enredes! para axudarlle ó teu fillo a comprender por que é necesario poñer límites.