Ir ó contido

Ir ó índice

Sean Gladwell/Moment via Getty Images

ESTADE SEMPRE VIXIANTES!

O gasto militar mundial supera os 2 billóns de dólares. O que di a Biblia

O gasto militar mundial supera os 2 billóns de dólares. O que di a Biblia

 Durante 2022, os gobernos de todo o mundo gastaron a cifra récord de 2,24 billóns de dólares en asuntos militares, en gran parte como consecuencia da invasión rusa de Ucraína. Segundo un informe publicado en abril de 2023 polo Instituto Internacional de Estudios para la Paz de Estocolmo (SIPRI, polas súas siglas en inglés), en 2022:

  •   O gasto militar en Europa “aumentou un 13 % durante o ano, o que supuxo o maior incremento anual do gasto total europeo despois da guerra fría”.

  •   “Rusia [...] aumentou o seu gasto nun 9,2 % e pasou de ser o quinto país que máis gasta no mundo en asuntos militares para converterse no terceiro”.

  •   O país que máis gastou en defensa segue sendo Os Estados Unidos, que foi “o responsable do 39 % do gasto militar mundial”.

 O Dr. Nan Tian, coautor do informe do SIPRI, afirmou: “O continuo aumento do gasto militar mundial nos últimos anos é proba de que vivimos nun mundo cada vez máis inseguro”.

 A Biblia predixo que os gobernos máis poderosos terían cada vez máis conflitos e problemas entre eles, e tamén explica cal é a única esperanza para conseguir verdadeira paz.

O aumento dos conflitos militares xa estaba predito

  •   A Biblia di que estamos vivindo “no tempo final” (Daniel 8:19).

  •   O libro de Daniel predixo que durante ese tempo habería potencias mundiais que loitarían entre si para ser a máis poderosa. Esa loita militar implicaría gastar moitísimos “tesouros”, ou recursos económicos (Daniel 11:40, 42, 43).

 Para saber máis sobre esta intrigante profecía, mira o vídeo O cumprimento da profecía de Daniel 11.

Como se logrará a verdadeira paz?

  •   A Biblia afirma que Deus substituirá os gobernos humanos. El establecerá “un reino que endexamais non será derrubado nin cederá o poder a outro pobo; máis aínda: destruirá e acabará con todos estes reinos, e el subsistirá para sempre” (Daniel 2:44).

  •   Moi pronto, Xehová a logrará algo que para os humanos é imposible: paz verdadeira e duradeira. Como? O goberno do seu Reino celestial eliminará tódalas armas e acabará coa violencia (Salmo 46:9, 10 [46:8, 9, TNM]).

 Para saber máis sobre o que logrará o Reino de Deus, le o artigo “El Reino de Dios traerá ‘paz en abundancia’” (dispoñible en español).

a Segundo a Biblia, Xehová é o nome de Deus. Este nome tamén pode traducirse como Iavé (Isaías 42:8).