Ir ó contido

Ir ó índice

Photo by Zhai Yujia/China News Service/VCG via Getty Images

ESTADE SEMPRE VIXIANTES!

Grandes inundacións. O que di a Biblia

Grandes inundacións. O que di a Biblia

 Por todo o mundo, moitas persoas teñen que facerlle fronte a grandes inundacións. Fíxate no que din algúns informes:

  •   “Nos últimos días, a capital da China rexistrou as chuvias máis intensas dos pasados 140 anos. Entre o sábado e o mércores caeron 744,8 milímetros (29,3 polgadas) a de auga que inundaron a cidade” (AP News, 2 de agosto de 2023).

  •   “Por segundo día consecutivo, o tifón Khanun deixou intensas chuvias e fortes ventos no sur do Xapón, matando polo menos a dúas persoas [...]. Esperase que debido á tormenta caian 0,6 metros (2 pés) b de auga na zona montañosa do centro de Taiwán” (Deutsche Welle, 3 de agosto de 2023).

  •   “As inundacións da fin de semana [en Nova Escocia] foron causadas polas chuvias torrenciais máis intensas que azoutaron a rexión atlántica do Canadá en 50 anos” (BBC News, 24 de xullo de 2023).

 Que di a Biblia sobre estes acontecementos?

O sinal dos “días derradeiros”

 A Biblia explica que estamos vivindo nun período de tempo chamado os “días derradeiros” (2 Timoteo 3:1). Xesús profetizou que no noso tempo veriamos “cousas espantosas” ou sucesos horribles (Lucas 21:11). A causa do cambio climático, estes fenómenos meteorolóxicos tan terribles son cada vez máis frecuentes, máis intensos e máis difíciles de predicir.

Unha razón para ter esperanza

 A Biblia explica que moitas das cousas terribles que ocorren hoxe en día dannos unha razón para ter esperanza. Por que? Xesús dixo: “Cando vexades que pasan estas cousas, caede na conta de que xa está preto o Reino de Deus” (Lucas 21:31; Mateo 24:3).

 Os sucesos que vemos indican que moi pronto o Reino de Deus controlará por completo as forzas da natureza, entre elas, o ciclo da auga (Xob 36:27, 28, TNM; Salmo 107:29).

 Para saber como o Reino de Deus restaurará o medio ambiente, podes ver o artigo “¿Quién salvará el planeta?”.

a Isto equivale a uns 745 litros por metro cadrado.

b Isto equivale a 600 litros por metro cadrado.