Ir ó contido

Ir ó índice

hadynyah/E+ via Getty Images

ESTADE SEMPRE VIXIANTES!

A guerra e o cambio climático empeoran a crise alimentaria. O que di a Biblia

A guerra e o cambio climático empeoran a crise alimentaria. O que di a Biblia

 A guerra de Ucraína xunto cos efectos do cambio climático continúan arruinando as subministracións mundiais de alimentos. Isto é especialmente grave no caso dos países en desenvolvemento, onde moitas persoas loitan por conseguir a comida para o día.

  •   “A produción e a dispoñibilidade de alimentos están sendo interrompidas polas guerras, o cambio climático, os prezos da enerxía e outras causas” (António Guterres, secretario xeral das Nacións Unidas, 17 de xullo de 2023).

  •   “Os expertos predín que a retirada de Rusia do acordo de exportación de cereais agravará a crise mundial de seguridade alimentaria e aumentará a inflación dos alimentos nos países con baixos ingresos, especialmente no norte de África e en Oriente Medio” (Atalayar.com, 23 de xullo de 2023).

 Analiza o que di a Biblia sobre as crises alimentarias e o futuro.

A Biblia predixo crises alimentarias

  •   Xesús profetizou: “Erguerase pobo contra pobo, reino contra reino; haberá fame” (Mateo 24:7).

  •   O libro bíblico da Apocalipse describe catro xinetes simbólicos. Un deles representa a guerra. Detrás del vai outro xinete que representa a fame, é dicir, unha época na que sería difícil conseguir comida e o seu prezo sería esaxerado. “Vin un cabalo negro, e o seu xinete levaba unha balanza na man. Oín o que parecía unha voz [...]. Dicía: ‘Un cuarto de trigo custará o salario dun día de traballo! Tres cuartos de cebada custarán o salario dun día de traballo’ ” (Apocalipse 6:5, 6, Contemporary English Version).

 Estas profecías da Biblia sobre as crises alimentarias estanse cumprindo agora, no tempo que a Biblia chama “últimos días” (2 Timoteo 3:1, TNM). Para saber máis sobre os “últimos días” e os catro xinetes do libro da Apocalipse, podes ver o vídeo O mundo cambiou de 1914 en diante e ler o artigo “¿Qué representan los jinetes del Apocalipsis?”.

Como nos axuda a Biblia

  •   A Biblia contén consellos prácticos que nos poden axudar a afrontar circunstancias difíciles, como a falta de alimentos e a subida dos prezos. Podes ver algunhas ideas no artigo “Cómo vivir con menos”.

  •   A Biblia tamén nos dá a esperanza de que as cousas mellorarán. Promete que chegará o día no que “abundará o trigo nos campos” e haberá comida dabondo para todo o mundo (Salmo 72:16). Para saber máis sobre a esperanza que dá a Biblia para o futuro e por que podemos confiar nela, podes ler o artigo “La esperanza real de un mañana mejor”.