Ir ó contido

Ir ó índice

ESTADE SEMPRE VIXIANTES!

As testemuñas de Xehová e o Holocausto. O que di a Biblia

As testemuñas de Xehová e o Holocausto. O que di a Biblia

 O 27 de xaneiro de 2023, moitas persoas celebrarán o Día de Conmemoración Anual en Memoria das Vítimas do Holocausto. Ó pensar nas atrocidades que sucederon hai máis de 75 anos, quizais te preguntes: “Por que permitiu Deus que ocorrese o Holocausto?”.

 Os xudeus sufriron moitísimo durante o Holocausto. De feito, millóns deles foron asasinados de forma sistemática. Persoas doutros colectivos tamén foron perseguidas e asasinadas durante esa época, como as testemuñas de Xehová, ás que perseguiron polas súas crenzas baseadas na Biblia.

“Un porvir e unha esperanza”

 Moita xente ten medo de que algo coma o Holocausto poida volver ocorrer. Afortunadamente, a Biblia fala dun futuro onde este tipo de traxedias non sucederán nunca máis.

  •   “Soamente eu coñezo os proxectos que eu planeo para vós —é o Señor quen fala—, proxectos de fartura e non de desgracia, de darvos un porvir e unha esperanza” (Xeremías 29:11). a

 Esta esperanza farase realidade cando Xehová acabe coa maldade e repare todo o dano que esta causou. Moi pronto, Deus fará cousas como estas:

  •   Eliminará as persoas malas que lles fan dano a outros (Proverbios 2:22).

  •   Curará a tódalas persoas que están sufrindo (Apocalipse 21:4).

  •   Resucitará na Terra as persoas que morreron (Xoán 5:28, 29).

 Para saber por que podes confiar na promesa que dá a Biblia, invitámoste a probar as nosas clases particulares gratuítas da Biblia.

a Xehová é o nome de Deus. Este nome tamén pode traducirse como Iavé (Isaías 42:8).