Ir ó contido

Ir ó índice

ESTADE SEMPRE VIXIANTES!

Que di a Biblia sobre venerar imaxes?

Que di a Biblia sobre venerar imaxes?

 Segundo o Servizo de Noticias Católicas, durante a cerimonia que tivo lugar o 25 de marzo de 2022 na basílica de San Pedro, o papa Francisco púxose diante da imaxe de María, “pechou os ollos, inclinou a cabeza e orou en silencio”. Despois “rogoulle a María” pola paz. Un informe do portal de información Vatican News engadiu que o papa fixo unha “oración de Consagración e encomenda da humanidade, especialmente de Rusia e Ucraína, ó Inmaculado Corazón de María”.

 Ti que pensas? Será apropiado orar diante de imaxes ou usalas para adorar a Deus? Fíxate no que di a Biblia:

  •   “Non te fagas ningunha imaxe tallada nin nada que teña forma de algo que estea arriba nos ceos, abaixo na terra ou abaixo nas augas. Non te inclines ante esas cousas nin te deixes convencer para servilas, porque eu, Xehová o teu Deus, son un Deus que esixe devoción exclusiva” (Éxodo 20:4, 5, TNM). a

  •   “Os seus ídolos son prata e ouro, feitura das mans dos homes. Teñen boca e non falan, teñen ollos e non ven, teñen orellas e non oen, teñen nariz e non olen, teñen mans e non apalpan, teñen pés e non andan, a súa gorxa non ten voz. Coma eles son os que os fan e cantos neles confían” (Salmo 115:4-8).

  •   “¡Eu, Iavé, este é o meu Nome! A miña gloria a outro non lla dou; nin a miña louvanza ós ídolos” (Isaías 42:8).

  •   “Fuxide da idolatría” (1 Corintios 10:14).

  •   “Coidado cos ídolos” (1 Xoán 5:21, TNM).

 Para máis información sobre o que di a Biblia acerca do uso de imaxes para adorar a Deus, le o artigo “El punto de vista bíblico. Las imágenes” ou mira o vídeo Quere Deus que usemos imaxes para adoralo?

 Tamén pode interesarche o que di a Biblia sobre estes temas:

Crédito da imaxe: Vincenzo Pinto/AFP via Getty Images

a Segundo o que di a Biblia, Xehová ou Iavé é o nome de Deus (Isaías 42:8). Mira o artigo “Quen é Xehová?”.