Ir ó contido

Ir ó índice

ESTADE SEMPRE VIXIANTES!

Aumento descontrolado da inflación mundial. O que di a Biblia

Aumento descontrolado da inflación mundial. O que di a Biblia

 “A economía mundial volve estar en perigo”, advirte o presidente do Grupo do Banco Mundial nun informe de xuño de 2022. E engade: “Nesta ocasión enfróntase a unha inflación moi elevada e a un crecemento lento, todo ó mesmo tempo”.

 “Os prezos dos carburantes e da comida aumentaron rapidamente, afectando especialmente ás poboacións vulnerables dos países pobres”, informa o Fondo Monetario Internacional.

 A Biblia axúdanos a entender por que estamos vivindo estes problemas económicos, que podemos facer para afrontalos e que esperanza temos de que se solucionen de forma definitiva.

Subida de prezos durante os últimos días

  •   A Biblia refírese ó tempo no que estamos vivindo como os “días derradeiros”, ou últimos días (2 Timoteo 3:1).

  •   Xesús dixo que nos nosos días pasarían “cousas espantosas” (Lucas 21:11). A rápida subida dos prezos fai que a xente sinta medo. Moitos están preocupados polo seu futuro e pregúntanse se serán capaces de darlles o necesario ás súas familias.

  •   O libro da Apocalipse predixo que no noso tempo habería un importante aumento dos prezos: “O salario de todo un día de traballo só alcanzará para comprar un quilo de trigo ou tres quilos de cebada” (Apocalipse 6:6, Traducción en lenguaje actual).

 Para máis información sobre os últimos días e sobre a profecía do libro da Apocalipse, mira o vídeo O mundo cambiou de 1914 en diante e o artigo “¿Qué representan los jinetes del Apocalipsis?”.

A solución a tódolos problemas económicos

  •   “Construirán casas e habitaranas e plantarán viñas e comerán os seus froitos. Non construirán para que outro habite, nin plantarán para que outro coma” (Isaías 65:21, 22).

  •   “Abundará o trigo nos campos, nos montes ondularán coma no Líbano os froitos” (Salmo 72:16).

  •   “Pola opresión dos humildes e os xemidos dos pobres, agora mesmo me levanto —di o Señor—: porei en salvo a tódolos que o arelan” (Salmo 12:6 [12:5, TNM]). a

 Deus pronto acabará coas condicións económicas inxustas. E non o fará só nun país, senón en todo o mundo. Para saber máis, le o artigo “Existirá algún sistema económico xusto?”.

 Pero xa na actualidade a Biblia pode axudarche a afrontar a subida dos prezos. Como? Nela podes atopar consellos prácticos para administrar sabiamente os cartos (Proverbios 23:4, 5; Eclesiastés 7:12, TNM). Para saber máis, le os artigos “Cuide su economía” e “Cómo vivir con menos”.

a Xehová é o nome de Deus. Este nome tamén pode traducirse como Iavé (Isaías 42:8).