Ir ó contido

Ir ó índice

Volverá algunha vez a normalidade? Como pode axudarnos a Biblia despois da pandemia.

Volverá algunha vez a normalidade? Como pode axudarnos a Biblia despois da pandemia.

 “Todos queremos volver á normalidade” dixo Angela Merkel, chanceler de Alemaña.

 Pode que esteas de acordo con estas palabras ó ver que a COVID-19 segue afectándolle ás persoas arredor do mundo. Pero que significa esa “normalidade” e que espera facer a xente?

  •   Recuperar a vida que levaban antes. Algúns desexan ter máis vida social, unha na que se poida viaxar e dar apertas. O doutor Anthony Fauci a di que para estas persoas “volver á normalidade inclúe ir a restaurantes, teatros e este tipo de cousas”.

  •   Mellorar a súa vida. Algúns ven a “nova normalidade” como unha oportunidade para mellorar a forma de vida que tiñan antes. Por exemplo, pensan que deberían cambiar algunhas cousas coma a falta de emprego, os problemas de desigualdade social e todo o que afecte á nosa saúde mental. Klaus Schwab, o fundador do Foro Económico Mundial, di que esta pandemia “deunos a oportunidade única de reflexionar sobre como queremos que sexa o mundo, para logo facer os cambios necesarios”.

 A algunhas persoas a pandemia causoulles tantos problemas que pensan que a súa vida nunca volverá á “normalidade”. Por exemplo, moitos perderon o seu traballo, o seu fogar, a súa saúde ou, moito peor, os seus seres queridos na morte.

 Por suposto ninguén pode predicir con exactitude como será o mundo despois da pandemia (Eclesiastés 9:11, TNM). Pero a Biblia pode axudarnos a ser realistas sobre o futuro e a facerlle fronte ó que poida pasar. É máis, a Biblia fala dun futuro que tal vez che sorprenda, pero podes estar seguro de que virá.

Ter o punto de vista correcto sobre a pandemia da COVID-19

 Fai moito tempo, a Biblia predixo que se estenderían as enfermidades ou “pestes” durante a chegada “da fin do mundo” (Lucas 21:11; Mateo 24:3). Cando vemos dende esta perspectiva a pandemia da COVID-19, vémola coma un de moitos acontecementos importantes, tales como guerras, terremotos ou falta de alimentos, que mostran que as profecías da Biblia estanse cumprindo.

 Como nos axuda saber isto: Aínda que as condicións da pandemia poden mellorar, a Biblia advirte que estamos vivindo en “intres difíciles” (2 Timoteo 3:1). Saber isto pode axudarnos a ter un punto de vista realista sobre estes tempos difíciles.

 A Biblia dános a clave. O mundo, onde cada vez hai máis problemas, pronto vai sufrir un gran cambio. Pero que tipo de cambio?

Un futuro despois da pandemia que non esperas

 Ademais de falar dos problemas que temos que enfrontar agora, a Biblia tamén predixo tempos mellores para un futuro próximo. Será un moito mellor do que os gobernos humanos poden lograr, un futuro que só Deus pode darnos. A Biblia promete o seguinte: “Enxugará tódalas bágoas dos seus ollos, e a morte xa non existirá máis. Nin haberá máis loito nin pranto nin dor” (Apocalipse 21:4).

 Xehová b Deus promete: “Vede que volvo novas tódalas cousas” (Apocalipse 21:5). Solucionará os problemas deste mundo, incluídos os que empeoraron coa pandemia. Ademais, daranos o seguinte:

  •   Saúde física e mental perfectas, sen enfermidades nin morte (Isaías 25:8; 33:24).

  •   Non teremos un traballo que nos canse ou no que sintamos estrés, senón que desfrutaremos dun que nos faga felices (Isaías 65:22, 23).

  •   Unha vida chea de cousas boas. Non haberá pobreza nin fame (Salmo 72:12, 13; 145:16).

  •   A fin dos traumas emocionais e a esperanza de ver os nosos seres queridos que morreron (Isaías 65:17; Feitos 24:15).

 Como nos axuda saber isto: A Biblia di que esta esperanza é “para nós coma unha áncora de salvación” (Hebreos 6:19). A esperanza de que todo mellore daranos estabilidade. Pode axudarnos a enfrontar os problemas que temos hoxe, a non ter tanta ansiedade, a manter a calma e ser felices.

 Pero podemos realmente crer nas promesas que dá a Biblia? Vai ó artigo “La Biblia tiene la verdad” en español.

Principios da Biblia que che axudarán mentres remata a pandemia

  •   Valora a vida

     O que di a Biblia: A “Sabedoría fai vivir a quen a posúe” (Eclesiastés 7:12).

     Que pode significar para ti? Toma boas decisións para reducir o risco de enfermar. Ten en conta as normas sobre a saúde e a seguridade, o número de contaxios e a porcentaxe de poboación que está totalmente vacinada. Isto axudarache a analizar se hai risco de contaxio na zona onde vives.

  •   Sé prudente

     O que di a Biblia: “O sabio é cauto e afástase do mal, o parvo chímpase tan seguro” (Proverbios 14:16).

     Que pode significar para ti? Continúa facendo todo o necesario para protexer a túa saúde. Os expertos cren que o coronavirus estará con nós por algún tempo.

  •   Usa información fiable

     O que di a Biblia: “O inxenuo dá creto ó que sexa, o asisado calcula os seus pasos” (Proverbios 14:15).

     Que pode significar para ti? Escolle con coidado as recomendacións que vas seguir. O que decidas é moi importante. Poderías poñer en risco a túa saúde se tomas decisións baseándote en información falsa.

  •   Sé positivo

     O que di a Biblia: “Non penses: ¿Como é que os tempos pasados eran mellores ca estes? Semellante pregunta non é de sabio” (Eclesiastés 7:10).

     Que pode significar para ti? Fai todo o posible por sacar o mellor da túa situación actual. Evita a morriña pola vida que tiñas antes e non andes cavilando nas cousas que non puideches facer por culpa da pandemia.

  •   Mostra respecto polos demais

     O que di a Biblia: “Tede consideración con todo o mundo” (1 Pedro 2:17).

     Que pode significar para ti? As persoas reaccionaron de diferente maneira á pandemia e as súas consecuencias. Respecta a opinión dos demais pero non cambies as boas decisións que ti tomaches. Trata con respecto e amabilidade os que non se vacinaron, os maiores e os que teñen problemas de saúde graves.

  •   Sé paciente

     O que di a Biblia: “O amor é paciente e bondadoso” (1 Corintios 13:4, TNM).

     Que pode significar para ti? Sé comprensivo cando a outros lles dea medo facer cousas que eran normais antes da pandemia. Do mesmo xeito, ten paciencia contigo mesmo segundo se van levantando as restricións.

Como lle axuda a Biblia ás persoas a facer fronte á pandemia

 As testemuñas de Xehová poden ver máis alá da pandemia grazas ás marabillosas promesas que dá a Biblia para o futuro. Como obedecen o mandato bíblico de non faltar ás reunións para adorar a Deus, poden animarse uns ós outros (Hebreos 10:24, 25). Todo o mundo é benvido as reunións das testemuñas de Xehová que, durante a pandemia, estanse facendo por videoconferencia.

 Algunhas persoas contan que reunirse coas testemuñas de Xehová, axudoulles moito durante estes tempos difíciles. Por exemplo, unha muller que se contaxiou da COVID-19, aceptou unha invitación para as reunións por videoconferencia das testemuñas de Xehová. Aínda que tiña problemas de saúde provocados polo virus, esas reunións animárona moito. Máis tarde dixo: “Sinto que formo parte desta familia. Ler a Biblia axúdame a concentrarme na esperanza para o futuro en vez de nos meus problemas. Dáme paz mental e axúdame a estar tranquila. Graciñas por axudarme a estar preto de Deus. É algo que levaba buscando toda a miña vida”.

a Director do Instituto Nacional de Alerxias e Enfermidades Infecciosas dos Estados Unidos.

b Segundo o que di a Biblia, Xehová ou Iavé é o nome de Deus (Isaías 42:8).