Ir ó contido

Ir ó índice

Pawel Gluza/500Px Plus/Getty Images

ESTADE SEMPRE VIXIANTES!

Perdeuse o 73 % da fauna salvaxe nos últimos 50 anos. O que di a Biblia

Perdeuse o 73 % da fauna salvaxe nos últimos 50 anos. O que di a Biblia

 O 9 de outubro de 2024, a organización Fondo Mundial para a Natureza (WWF) publicou un informe moi preocupante sobre o efecto da actividade humana na fauna salvaxe. Dixo: “Nos últimos 50 anos (1970-2020), o tamaño medio das poboacións de fauna silvestre analizadas reduciuse nun 73 %”. E advertiu: “Non é esaxerado dicir que o que ocorra nos próximos cinco anos determinará o futuro da vida na Terra”.

 Moita xente está alarmada por informes coma estes. Amamos o noso fermoso planeta e non nos gusta ver sufrir a fauna salvaxe. Sentímonos así porque Deus nos deseñou para coidar dos animais (Xénese 1:27, 28; Proverbios 12:10).

 Poida que te preguntes: “Poderemos protexer a fauna salvaxe que hai na Terra? Que di a Biblia?”.

Unha esperanza para o futuro

 Non importa canto nos esforcemos por intentar salvar os animais, só Deus pode protexelos. Segundo Apocalipse 11:18, a Biblia predixo que Deus vai “esnaquiza-los que destrúen o mundo”. Este versículo ensínanos dúas cousas:

  1.  1. Deus vai evitar que as persoas destrúan por completo o planeta.

  2.  2. Deus vai actuar pronto. Por que o sabemos? Porque o risco de que os seres humanos acaben cos animais é máis grande ca nunca.

 Como solucionará Deus este problema? Vai usar o seu reino celestial para gobernar sobre toda a terra (Mateo 6:10). Este reino ou goberno educará as persoas para que poidan coidar dos animais e protexer a fauna salvaxe (Isaías 11:9).